Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

efeméride

A Autopista do Atlántico celebra un 30 aniversario polémico

23.04.2009 A concesión da estrada pasará a mans da compañía norteamericana Citi mentres a Xunta reclama a súa xestión

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

JACOBO REY/AGN

Poucos galegos imaxinaban en abril de 1979 que a Autoestrada do Atlántico pasaría á historia de Galicia por algo máis que polos seus catro carrís. Ese mes abríase ó tráfico o tramo entre A Barcala (na entrada da Coruña) e Santiago, o primeiro dunha obra que o vindeiro luns cumpre 30 anos. E faino do mesmo xeito en que naceu: con polémica.

Previo pagamento de 80 pesetas, os condutores comezaron esa primavera a circular polos pouco máis de 60 quilómetros que unen a capital galega coa cidade herculina. Para uns, a autoestrada converteríase no símbolo do progreso. Para outros, a "navallada" que partía Galicia en dúas e arruinaba o rural.

As obras arrincaron en decembro de 1973. O primeiro tramo ábrese cinco anos despois. E o último demórase ata 2003, cando á fin se inaugura o acceso a Ferrol. Un atraso de 30 anos. Os motivos?

As obras levantaron un auténtico rebumbio entre algúns pequenos propietarios. O documental Autoestrada, unha navallada á nosa terra, gravado en 1977 polo director levantino Lorenzo Soler, reflicte os problemas ós que se enfrontou a empresa concesionaria. Sabotaxes, ameazas e ata pequenos atentados con artefactos caseiros. "Unha navallada de máis de 200 quilómetros que rompeu o país en dúas metades", denunciaba. Tal foi o rexeitamento que o Goberno de UCD decide paralizar as obras.

Houbo que esperar a 1992 para poder circular da Coruña a Vigo pola AP-9. E é que ó problema crónico do minifundismo uníronselle as dificultades económicas. A Autoestrada do Atlántico financiouse con moeda xaponesa porque que en 1973 estaba moi barata, pero en 1979 os tipos de cambio variaran en detrimento da moeda española, o que provocou unha débeda inxente. A ese encarecemento uníronselle uns sobrecustos nas obras, motivados pola presión veciñal. "Fixéronse moitos pasos subterráneos que xamais se utilizaron. Foi un encarecemento absurdo", subliña o ex ministro. Ó bordo a quebra, Audasa é nacionalizada en 1984.

Terminada a AP-9, segue dando que falar. Coincidindo co seu 30 aniversario, a concesión da Autoestrada do Atlántico pasará a mans da compañía norteamericana Citi. E ó mesmo tempo, o novo Goberno galego reclamaralle ó Ministerio de Fomento que transfira a súa xestión á Xunta, demanda que apoia o BNG.

"A autoestrada non pasará", concluía o documental filmado por Soler. Pero a autoestrada pasou, e ata se atreveu a cruzar o Atlántico para que a súa xestión dependa dunha multinacional de Nova York. Nunca 219 quilómetros deron para tanto.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS