Luns 26.10.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 7 de 7]noticia anterior de Galicia Galicia  |  RSS - Galicia RSS

crónica

Un ministro, un presidente e un "case santo" en 250 anos

O Colexio de Avogados da Coruña, o segundo máis antigo de España, recolle nun libro a súa senlleira historia

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

HERMINIO VARELA

O decano do Colexio de Avogados coruñés, Jesús Varela Fraga
O decano do Colexio de Avogados coruñés, Jesús Varela Fraga

Máis aló das togas, os libros gordos e o vocabulario rimbombante empregado nos seus escritos xudiciais, por iso quizais da existencia de tradutores xurídicos, os avogados tamén son protagonistas da historia. E de historia saben precisamente no Colexio de Avogados da Coruña que hoxe cumpre o seu 250.º aniversario constituído como a segunda entidade deste tipo máis antiga de España, despois do de Zaragoza, sendo pois a institución civil máis antiga de Galicia, aínda que as súas orixes se remontan aínda máis atrás no tempo.

Un cuarto de século dá para unha "historia sumamente ardua", en palabras do seu actual decano, José Varela Fraga. De feito, o Colexio aproveitará a celebración para presentar hoxe luns un volume titulado 250 anos do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña que recolle parte do seu percorrido como entidade profesional dos letrados da provincia. Un volume, en todo caso, "incompleto", sinala Fraga, posto que "queda aínda moito que facer e investigar polo que serán outros compañeiros os que completarán o aquí recollido". A iniciativa deste percorrido histórico de máis de cincocentas páxinas hai que deberlla ó anterior decano, César Torres Díaz, quen se puxo en contacto co historiador Santiago Daviña Sáinz, quen dirixiu a investigacións.

Nelas hai unha morea de anécdotas, feitos e personaxes que resumen a existencia dun órgano composto actualmente por 2.599 colexiados. Entre eles personaxes ilustres e coñecidos, outros non tanto, que van desde o último ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, até Luis de Trelles Noguerol (Viveiro, 1819-1891), cuxa labor social mesmo mereceu a instrución dun proceso de canonización polo Vaticano, actualmente en curso. Segundo algunhas fontes, até 20.000 presos vítimas das contendas armadas que sacudiron España nos seus anos débenlle a vida tras a instauración das súas comisións de mediación. No medio outros nomes como o de José Pardo Bazán, pai de Emilia, autora de obras mestras da literatura naturalista como Los Pazos de Ulloa ou La Madre naturaleza. E, por suposto, Santiago Casares Quiroga, presidente do Consello de Ministros e Ministro da Guerra durante a Segunda Repúblcia, cargo que ostentou até maio de 1936. Como presidente, organizou o referendo sobre o Estatuto de autonomía de Galicia, o terceiro proposto polo Executivo republicano tras os de Cataluña e o País Vasco, e que foi aprobado o 28 de xuño de 1936, pouco antes da sublevación do xeneral Franco. Nado na Coruña en 1884, morrería con Manuel Azaña no exilio parisino en 1950.

A celebración do aniversario que terá lugar en 2010 comezará o luns coa presentación do volume que recolle a súa historia, nun acto no que intervirán o actual decano do Colexio, Jesús Varela Fraga, ademais doutras autoridades como o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, o rexedor da Coruña, Javier Losada, e o anterior decano, César Torres Díaz.

Será o tiro de saída a unha conmemoración na que se levarán ao cabo diversas actividades aínda en preparación previstas para o próximo ano.

AS ORIXES

Herdeiro dos gremios medievais

As orixes do Ilustre Colexio de Avogados de A Coruña hai que buscalos nunha confraría creada en 1480 baixo a advocación da Nosa Señora da Asunción, de acordo co espírito relixioso imperante e as tendencias de agrupación gremial herdadas da Idade Media. No entanto, non acadará oficialidade até o 17 de febreiro de 1760 mediante o decreto expedido polo daquela capitán xeral do Reino de Galicia e gobernador, Carlos Francisco de Croix.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS