Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
A Federación Ecoloxista Galega (FEG) rexeitou onte "con rotundidade" a "pésima" lei eólica que elaborou a Xunta e demandou a aprobación dun novo plan sectorial eólico tras derrogar o agora vixente. A FEG cualificou de "burla" que a Xunta pretenda "vender" a repartición eólica de 2.300 MW como "algo novo e óptimo" cando se está "aproveitando" das "físgoas legais" do "desfasado plan de 1997". A FEG considera "paradoxal" que se pretenda "orquestrar" unha repartición "de tal potencia" partindo dunhas "nulas" garantías ambientais baseadas na "rebaixa" do proceso de avaliación de impacto ambiental, a "simplificación" na tramitación e o "desprezo" da Rede Natura.