Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

CAZA

Lobo e raposo, de novo no punto de mira das escopetas

30.01.2010 Os ecoloxistas bótanse hoxe ós montes de Portomarín e do Suído para evitar o "exterminio" de animais ameazados e vinculados ó noso rural

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

R. FERNÁNDEZ . SANTIAGO

Bucinas contra escopetas. Esta é a guerra que se librará esta fin de semana nos montes de Portomarín e da Lama. No medio das armas, exemplares de raposo e lobo que volven, unha vez máis, ó punto de mira. O concello lucense acollerá hoxe o seu xa tradicional Campionato de España de Caza ó Raposo -o único destas características no Estado-, que en edicións anteriores xa enfrontou ecoloxistas e cazadores. A suposta manipulación interesada dos censos coa conivencia da Administración centra as críticas dos colectivos cidadáns e ambientalistas, que non ven xustificadas estas xornadas de caza. Unha afirmación negada onte pola Federación Galega de Caza (Fegaca), que asegura que a densidade de poboación do raposo está tres veces por riba das poboacións estimadas como "óptimas" polos organismos que velan pola fauna silvestre. Ó mesmo tempo, o colectivo -que agrupa preto de 55.000 galegos- acusou os ecoloxistas de "faltaren á verdade de forma deliberada e malintencionada", xa que a súa actividade cumpre as normas vixentes. Así, o organismo que dirixe José María Gómez Cortón recordou que a caza está regulada polos correspondentes Plan de ordenamento e aproveitamento cinexético, que establecen os parámetros de captura para as especies.

A situación non é mellor no caso do lobo, que sufrirá unha batida autorizada pola Xunta para esta fin de semana na parroquia da Xesta, en plena Serra do Suído. Os solicitantes desta práctica foron os gandeiros da zona, que esgrimiron "danos recorrentes" ós seus animais por parte deste cánido. Cómpre recordar que o lobo, o último gran depredado galego, precisa dunha atención especial para non desaparecer, despois de que a falta de alimento, as infraestruturas viarias que parten o territorio e facilitan o acceso a zonas antes illadas e a acción do ser humano reduciran a súa poboación a pouco máis de 500 exemplares. Aínda que a Serra do Suído aparece contemplada no Plan de Xestión do Lobo como unha zona onde o animal é susceptible de control enerxético, dende Adega apuntan á falta de criterios científicos para autorizar a batida. "Non se sabe nin cantos animais hai nin a cantos vai afectar", esgrimen. Cos ánimos enfrontados, uns e outros botaranse hoxe ó monte para dar a batalla polas especies.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS