Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

novo mapa financeiro

Lei de Caixas "limpa"

19.02.2010 Feijóo envíalle ó Goberno unha versión da norma pulida, para conseguir o levantamento do veto, sen consultar co seu principal apoio, o BNG

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

O vicerreitor Iván Anea, esquerda, Fernando Blanco (BNG), Abel Losada (PSdeG), Luis Espada e Pedro Puy (PP) FOTO: SALVADOR SAS/EFE
O vicerreitor Iván Anea, esquerda, Fernando Blanco (BNG), Abel Losada (PSdeG), Luis Espada e Pedro Puy (PP)
FOTO: SALVADOR SAS/EFE

O Executivo galego está "dis­posto a redactar e a escribir" unha Lei de caixas máis depurada tras dous días de intensas reunións e despois de que "un alto cargo do Goberno" ó que Feijóo non quixo pór nome lle comu­nicase ó presidente da Xunta a dispoñibilidade de chegar a un acordo para retirar o recurso de inconstitucionalidade que pe­sa sobre a norma. O re­sultado desa disposición chega­ba onte a Madrid cunha nova redacción que pretende axustala ós requisitos que esixe o Goberno para desbloquear os apartados que desde onte, tras a admisión a trámite do recurso por parte do Tribunal Constitu­cional xa entrou a formar do limbo xurídico.

Co tempo xogando en contra, xa que a paralización pon en xogo os prazos para a renovación dos órganos de di­rección e as posibilidades para acceder ás axudas do FROB que vence a finais de xuño, os servizos xurídicos da Xunta reelaboraron o texto aprobado cos votos dos populares e nacionalistas sen que estes últimos, os socios circunstanciais do partido do Goberno, teñan noticias sobre os cambios.

 

Haberá contactos ata o vindeiro martes

Sobre ese documento conti­nuará o intercambio de infor­mación que se intensificará a­ta o vindeiro martes, a data da reunión na que as dúas par­tes aspiran a pechar un acordo. As primeiras reunións entre Xunta e Goberno permitiron aproximar posicións en varios dos apartados en conflito. As maiores diferenzas agrú­panse ao redor da discrecionali­dade da Consellería de Facen­da para autorizar un SIP, que xa se modificou. A capacidade do Goberno autonómico para autorizar unha fusión é outro dos apartados que haberá que axustar así como as esixencias sobre a proporcionalidade necesaria pa­ra dar o visto e prace a este tipo de proxectos. Madrid insiste en que a maioría simple da lei galega escapa ás esixen­cias da lexislación básica que pide que sexan dous terzos.

"Coa man tendida" que Feijóo mantén nun confli­to iniciado a cara de can entre populares e socialistas, o presi­dente volvía onte expresar a vontade de alcanzar un acor­do "coas mesmas regras de xo­go que rexen para outras autono­miñas". De novo, o presidente volveu responsabilizar os xo­cialistas galegos de bloquear un acordo para impulsar a fusión das caixas galegas e anular un "pacto polo sistema financeiro" con efectos anticrise.

 

Fica bloqueada a renovación das cúpulas

Onte precisamente, coñeceuse a decisión do Tribunal Constitucional, que decidiu admitir a trámite o recurso interposto polo Goberno o pasado día 9 contra varios apartados da Lei de caixas. A aceptación supón a suspensión, con efec­tos da data na que se pre­sentou, dos apartados en con­flito e, polo tanto, deixa os representantes nomeados tan­to polo Parlamento como por varias corporacións locais sen posibilidade de tomar posesión. Aparcada queda tamén a re­novación dos órganos de di­rección para a que a lei esta­blecía un prazo de dous meses a partir da súa entrada en vigor desde principios de xaneiro.

Con todo, aínda que a sus­pensión rexe a partir da data da presentación do recurso, para os terceiros, neste caso as caixas, a data de referencia se­rá a publicación no BOE. Esta circunstancia permítelle a Caixa Galicia continuar o proceso ini­ciado de renovación ó contra­rio que Caixanova, que preferiu adiantarse e paralizar antes a renovación dos conselleiros. O Tribunal terá que pronunciar­se sobre a renovación do 75% dos órganos de decisión; a ca­pacidade da Xunta para autori­zar a integración dunha caixa nun sistema institucional de pro­tección (SIP) ou o sistema de ma­iorías polo que se aproba unha fusión. Para resolver conta cun prazo de cinco meses, prorro­gables a outros cinco, pero con só esgotar o primeiro, a decisión coñeceríase en xullo, cando xa se superou a data tope do 30 de xuño que marcou a Co­misión Europea para recorrer ás axudas do FROB.

O BNG, o grande esquecido no diálogo entre a Xunta e Madrid, reclamoulle onte de novo ó pre­sidente Zapatero, que "actúe con moita máis prudencia" respecto ó futuro das caixas galegas. Así o indicou o o seu voceiro parlamentario, Car­los Aymerich, quen lle reprochou a Zapatero a postura expre­sada no Congreso, xa que considerou que expresou dúbidas sobre a solvencia.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS