Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 27.11.2014  | Actualizado 01.00

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1
  • Imprimir
  • Enviar por correo

PORTA DE PALLA

Bancarrota

XOSÉ M. RIVAS TROITIÑO  | 12.08.2011 
A- A+

Se a historia que nos transmitiron é certa, España viviu varias bancarrotas, mesmo cando fomos Imperio e nas terras que gobernaba Felipe non se puña o sol. Así que non é a primeira vez que as contas xerais andan mal, nin tampouco nos imperios.
Os monarcas debían acudir aos banqueiros, xudeus en gran parte, pero fomentaban simultaneamente a animadversión contra eles. Por iso é polo que foron considerados dende hai moito como un mal necesario. A comezos do século pasado a Igrexa católica satanizou máis a súa imaxe ao condenar a usura, practicada maiormente polos banqueiros.
Recordo un acto nos anos 80 no Ministerio do Interior, onde o patrón do Central, Alfonso Escámez, recibía un galardón e ningún xornalista saudouno nin lle fixo unha pregunta. Agora sería a estrela.
Co capitalismo reinando en solitario, tras a caída do comunismo, os representantes do diñeiro ocupan o primeiro lugar no podio do poder. E osténtano tan abertamente que impón as súas regras e caprichos. Son os novos monarcas absolutos. É a súa vinganza. Democratizaranse algún día como o poder da monarquía absoluta ata converterse en parlamentaria? Resulta difícil de crer que sexa a curto ou medio prazo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS