Hemeroteca web
|
RSS
Sábado 25.05.2013
| Actualizado 03.09
As tecnoloxías permiten restaurar as suas gravacións e amosarnos que por algo foi considerado un fora de serie. Sabemos, ademais, que non somentes tocaba coa maxima arte, senón que investigaba o folclore, rescataba e creaba muiñeiras coma a de Chantada, interpretaba. O seu sentido artístico levouno tamén a escribir poemas cheos de humanidade, agarimo e, sobre todo, amor pola Terra. E tamén foi empresario, a prol do progreso da sua vila.
Eu tiven a sorte de coñecelo e disfroitar coa sua conversa divertida e profunda, ainda que non o escoitei tocar. Tamén tiven a inmensa sorte de escribir a sua biografía, a miña primeira obra, publicada por Coca Cola (e reeditada pola Xunta e o Concello co gallo do centenario do nacemento de Avelino). Cousas da vida. Todo estaba ao meu favor para recoñecer públicamente a grandeza do Gaiteiro de Soutelo e da terra que o alentou a superarse.
Non so a Terra de Montes está de festa. Os gaiteiros consagrados recoñecen que Avelino foi o millor de todos, como dixo Carlos Núñez. Os novos saben que competir, e non digamos gañar, en Soutelo é o camiño cara a lenda.
En pouco tempo, a Festa do Gaiteiro farase mais universal e será, estou seguro, a referencia mundial dos artistas da gaita, instrumento representativo das mais importantes culturas do mundo.
