Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Venres 21.11.2014  | Actualizado 20.51

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1
  • Imprimir
  • Enviar por correo

ARDENTÍA

Visita pastoral do Papa ante a mocidade do mundo

MANUEL DOURADO DEIRA  | 19.08.2011 
A- A+

Compre matizar o de “pastoral”. Trátase do exercicio dunhas das obrigas do Papa como representante máximo de Xesucristo na Terra en cumprimento daquel mandato evanxélico que reza: “Ide e predicade a tódalas xentes a Boa Nova da salvación...” Isto conleva que o Santo Pai non ven en misión política como xefe do Estado do Vaticano, senón como Pastor de almas, cuestión que atinxe á “cura ou coidado das almas para a salvación eterna, segundo a fe cristián que se basea no Evanxeo.

Outro capítulo transcendental é o da orientación da mocidade, que anda bastante desnortada: Carencia de valores, desemprego, paro, drogas, ausencia de perspectivas de futuro, crise da familia... Todo iso e máis, trastorna, ou anula a personalidade de cada individuo e súmeo na frustración. En consecuencia, carece de criterios de selección na escolla do camiño de vida adecuado de cadaquén nas encrucilladas da existencia. O individuo só, impotente para remediar os males que lle afectan, se agrupa con outros desvalidos para protestar contra os que supoñen causantes dos seus males: o mundo institucional, ao que acusan de “non representalos”. “Indígnanse”, como lles recomenda o seu monitor Stephane Hessel. E rebélanse en masa e ocupan os espacios públicos para protestar contra as inxustizas impropias dun Estado de Dereito.

No fondo, está a mala distribución da riqueza colectiva. ¿Existe algún criterio orientador que a resolva? Moitos; pero se me obrigan a dar un só, escollería este: A defensa dos intereses da cidadanía por tódalas instancias políticas, económicas e financeiras que se preocupen de facilitar a esa mocidade os elementos de formación, información e atención para que esa xuventude encontre o seu lugar idóneo que por lei divina, ou de Dereito Natural, e polas leis humanas, civís e penais, lle corresponde. Cuestións coma a creación e oferta de emprego ata conseguir o pleno emprego que implica, nada menos, que a redención desa praga inhumana do paro forzoso, a carencia dun primeiro emprego, que libre a esa mocidade frustrada de ter que recorrer as revoltas vandálicas, como a que ven de acontecer no Reino Unido, por exemplo. Un dato: Entre os Catrocentos mil € (400.000) dos altos directivos da Banca e un currante mileurista hai un abismo. ¿Onde queda a famosa Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948? A violencia é mala “per se”. Por iso Hessel recomenda a “resistencia pacífica”; pero, se a tiranía dun xerifalte mata indiscriminadamente ao manifestantes, van contra dos Dereitos Humanos máis elementais e xorde a violencia.

En conclusión: O papa ven a predicar á mocidade do mundo os valores esenciais do ser humana baseados no Evanxeo, necesarios para unha convivencia cívica en paz que emerxa da distribución equitativa da riqueza de cada colectividade. Naturalmente, tales valores humanos, para o Papa e os cristiáns remiten a Deus, Supremo Facedor, a través Xesucristo.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS