Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 20.06.2013
| Actualizado 00.43
Do espectaculo dos conselleiros de TVE o que mais debe sorprender é que foran xornalistas de formación os que propuxeran e a maioría respaldaran esa vergoña. Teño amigos neses cargos. Pero cando son nomeados deberían por nas biografías: xornalista en excedencia, porque probablemente van deixar de comportarse como xornalistas na percura da verdade, da obxectividade, da información.
E tamén os que anuncian productos comerciais que non están contrastados. Coa sua voz e imaxe: poña non sei que calzado, consuma non sei qué iogur, invirta en non sei que banco….Tampouco neses casos actuan como xornalistas.
Se a sociedade quere manter a confianza no xornalismo como eixo dunha democracia, debe empezar a esixir esas delimitacións. Para que non haxa enganos. O xornalismo é unha cousa. O servicio a outras causas ou señores é outra. Non é nin mais nin menos decente. Só que non é xornalismo.
