Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 02.09.2014  | Actualizado 11.36

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1

ARDENTÍA

Desmonte do Ensino Público non Universitario

MANUEL DOURADO DEIRA  | 22.10.2011 
A- A+

Este artigo baséase nos datos que proporciona Tempos Novos(TN), Revista mensual de información para o Debate, nº 172, a través de especialistas en diversas materias ás que, quizá, haberá que recorrer noutros artigos segundo a ocasión e oportunidade dos tempos. En primeiro lugar, imos cos epígrafes e os correspondentes autores; logo, trataremos de ofrecer unha síntese e, finalmente, un comentario.

Baixo o xenérico titular de “Educar en Tempos de Crise”, de Miguel Vázquez Freire, desenvolve o tema particularizándoo, entre outros, nos seguintes subepígrafes que interesan hoxe: “A cuestión lingüística e a cuestión autonómica”, tema que xa tratei reiteradamente desde varios punto de vista, inda que non renuncio a volver sobre el. Outro: “Menos profesorado, máis calidade”. ¿Como é posible tal absurdo? Xa veremos. Os obxectivos que se perseguen son moi outros. É unha absurda contradicción nos seus propios termos. En canto á lingua é un factor de identidade cultural e social que debe ser estudiada na Escola como fixo o Bipartito aplicando a lexislación vixente dende a Constitución ao resto da lexislación específica, que o Goberno do Sr. Núñez F. vai desmontando ou se vai saltando olimpicamente, cuxo obxectivo é enterrar o galego definitivamente. Que o consiga ou non é responsabilidade de Galicia como Comunidade Histórica, con idioma propio, Como Cataluña ou Euskadi. Sen embargo, o Goberno do Sr. Feijóo teima na cuestión de modo sibilina e innobre: Con unha man, saen en público utilizando o noso idioma e fai ben; pero coa outra, vai desmontando todos os instrumentos institucionais que o permiten destecendo a escasa normalización que tiñamos alcanzado.

Anxo Louzao (TN) Escribe “A crise como pretexto para a mercantilización” da lingua. Sintetizo algúns parágrafos: “Desde que Núñez Feijóo asumiu o Goberno da Xunta, a política educativa galega está marcada: 1) polos continuos recortes no Ensino público; 2) o reforzamento do Ensino privado concertado; 3) concepción españolizadora, mercantilista e clasista da Educación; 4) persecución do noso idioma; 5) a actitude autoritaria e partidista; 6) o desprezo ao profesorado e aos seus ámbitos de negociación, 7) a desconsideración cos órganos de participación da Comunidade Escolar; e 8) o comportamento despótico”. Todo elo, tomando como pretexto a Crise económica. Pretexto, porque, por exemplo, para o Ensino privado concertado, están destinando millóns a eito. Algún día facilitarei datos, que os teño, se for mester.

Por iso, un servidor ten un concepto das maiorías absolutas como “tiranías”; isto é, antes ou despois devén e réximes autoritarios, despóticos e arbitrarios. Os feitos que veño de transcribir son evidentes, por moita oratoria triunfalista que utilicen os políticos causantes como a Srª Aguirre en Madrid o Sr. Feijóo en Galicia. Isto evócame a Hobbes nos séculos XVI – XVII que dicía: “o poder corrompe; o poder absoluto corrompe absolutamente”.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS