Hemeroteca web
|
RSS
Mércores 22.05.2013
| Actualizado 10.31
Diante da reacción da dereita do seu partido e dos órganos mediáticos que aproveitaron o terrorismo (non foron só os nacionalistas, bastantes mais), Rajoy optou por falar craro nista ocasión e decir o suficiente. Moitos votantes e simpatizantes da ezquerda empezaron a darlle o seu respecto e afecto nisa ocasión, como se pode comprobar en moitas conversas, incruso de oínte en bares, nas que se aborde a actualidade. Claro que tamén pode ser pola contundencia das enquisas.
Sen embargo, non foi a primeira vez que, dentro da sua lexendaria indefinición en pubrico, siñificouse con craridade. Cando estivo en xogo a presidencia do partido, afirmou rotundamente que perteñecía ao partido popular europeo e quería seguir aí, non no conservador nin no liberal. Mais, invitou a irse a quen non compartiran os principios populares.
Eu creo que, mais que a oposición, os que lle van querer crear problemas no goberno van ser os compañeiros de partido e de prensa que o consideran maricomplejines, por citar un insulto xa coñecido. Sobre todo, se se mantén nesa posición de centro, que coido que é a necesaria para integrar e gobernar para todos.
E como ten demostrado abondo que sabe manter esa distancia da realidade, resistirá esa presión.
