Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Domingo 31.08.2014  | Actualizado 11.50

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1

Porta de palla

David, o alcalde

XOSÉ M. RIVAS TROITIÑO  | 30.01.2012 
A- A+

Coñecín a David Raposeiras, xa alcalde de Forcarei, nunha comunión familiar, e vin cómo os rapaces lle falaban ao que fora seu mestre con agarimo e admiración. Esos sentimentos compartinos dende entón. Era un home bó e xeneroso, seguindo a nosa tradición. Pero de verdade. A bondade, a bonhomía, latexaban con él.

E a xenerosidade, a entrega ao servizo público, con sentidiño. Coido que fixo moito polo concello de Forcarei e por toda a Terra de Montes. Abonda con ver as empresas que se foron instalando en Vilapouca e na Freixeira. Cónstame cómo buscaba subvencións para aos seus conveciños, que o respaldaron con maiorías absolutas.

No eido da cultura, Forcarei dou leccións ás grandes cidades. No seu mandato creouse unha revista municipal anual que afonda nas raíces, impulsaronse libros de memoria gráfica e lembranzas, organizaronse veladas, restauraronse festas gastronómicas.

E qué dicir da consolidación da Festa do Gaiteiro, en memoria do mítico Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo. Non parou ata que logrou que a declararan festa de interés turístico, que fora retransmitida cada ano pola televisión galega, e que fora coñecida en todo o mundo, para o que estaba sempre disposto a viaxar e promocionala.

Extrañoume que non me chamara a pasada semán para acompañalo en Fitur, onde acudía cada ano ao stand da Deputación para darlle mais sona á Festa do Gaiteiro.

Pensei que sería pola crise, ainda que él administraba ben os cartos púbricos. E veño de enterarme de que nos deixou novo e con moito por facer. Descanse en paz o excelente alcalde e o home bó.


Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS