Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 30.10.2014  | Actualizado 01.00

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1

O PSdeG ve os datos de débeda pública "outro estrepitoso fracaso" de Feijóo

Pregúntalle para que endebeda a Galicia // Subliña que "os servizos públicos empeoran día" a día" e o crecemento do paro en Galicia "duplica o español"

SANTIAGO. EP  | 16.03.2012 
A- A+

O voceiro parlamentario do PSdeG, Abel Losada, interpretou a débeda pública da Xunta como "outro estrepitoso fracaso" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a quen preguntou "para que endebeda a Galicia e aos galegos". "¿Onde está a eficiencia?", inquiriu a liña seguida.

A través dun comunicado de prensa, o socialista saíu así ao paso dos datos de débeda pública difundidos este venres polo Banco de España e que sitúan a Galicia como a quinta comunidade con maior débeda, superando por primeira vez os 7.000 millóns de euros --máis do 12% do PIB--.

"Estes datos mostra o fracaso de Feijóo na súa política de contable, preocupado excesivamente polos números e esquecendo as necesidades dos cidadáns que goberna", xulgou Losada, tras recalcar que a débeda de Galicia experimentou "un espectacular incremento" dende a volta do PP a San Caetano.

De feito, recordou o socialista que "a débeda que había acumulada polos gobernos de Fraga e de Touriño supoñía o 7,7 por cento do PIB". "En tres anos, o endebedamento de Feijóo multiplica case por seis o do Goberno anterior", subliñou, para facer fincapé en que se trata dunha "suba de máis do 60 por cento".

"Significa que cada día, Feijóo gasta 2,8 millóns de euros máis do que ingresa", abundou o deputado do PSdeG, en relación ao compromiso do presidente galego de "non gastar o que non se ten".

"¿PARA QUE?"

Tras criticar o incremento da débeda pública de Galicia, Losada volveu preguntar "para que" se produce, toda vez que "a prestación dos servizos públicos empeora día a día e as prestacións aos cidadáns están sometidas a recortes de persoal sen precedentes".

"Temos menos sanidade e menos educación pública que hai tres anos", abundou, para criticar que "tampouco na reactivación económica e de emprego Feijóo presenta nada no seu haber". "Galicia crece menos que o conxunto de España e o paro crece a un ritmo que duplica ao español", incidiu.

Por iso, dado que "na posición política entre recortes e reactivación económica, Feijóo se aliñou coas posicións da dereita máis dura de Europa, que só receitan recortes", concluíu, á vista dos datos de débeda pública, que "tamén niso fracasou".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS