Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 22.12.2014  | Actualizado 01.38

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1
  • Imprimir
  • Enviar por correo

Advertencia de Jorquera: "non se "pode permitir" que o PP consiga a alcaldía

SANTIAGO. EP  | 18.03.2012 
A- A+

O voceiro do BNG no Congreso dos Deputados e candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, confiou en que os representantes da súa formación en Muros entendan que "non se "pode permitir" que o Partido Popular "se faga cunha nova alcaldía".

Deste xeito pronunciouse este domingo en Paiosaco (A Coruña), ao ser preguntado polos medios de comunicación sobre a posibilidade de que os nacionalistas de Muros pacten co Partido Popular unha moción de censura contra a alcaldesa socialista, Caridad González Cerviño.

A este respecto, o dirixente nacionalista mostrouse "convencido" de que os nacionalistas da localidade "consultarán cos órganos de dirección do BNG o que facer ao respecto" e de que entenderán que "reforzar as posicións políticas do Partido Popular sería un erro".

"Nun contexto no que o Partido Popular ten o control practicamente absoluto do poder político nas súas mans, con maioría absoluta no Estado, en Galicia e con Goberno na maioría das deputacións e municipios, sería un erro reforzar as posicións políticas do PP", asegurou.

En todo caso, considerou "necesario" que o Goberno municipal de Muros "modifique moitas actitudes total e absolutamente autoritarias" ás que "é lóxico que fagan unha oposición activa", pero insistiu en que "non se pode permitir que o Partido Popular se faga cunha nova alcaldía".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS