A Xunta considera o dato de marzo "negativo" pero destaca que o aumento intermensual é menor ao estatal
SANTIAGO. EP | 03.04.2012
A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, considerou que o dato do paro de marzo coñecido este martes é "negativo", aínda que destacou que o incremento intermensual galego (un 0,77%) é menor ao estatal (0,82%).
Nunha nota de prensa, a Consellería de Traballo destacou que o desemprego subiu en todas as comunidades salvo en tres e que, de entre as que experimentaron aumentos, Galicia "é a cuarta onde menos sobe en termos relativos".
Así mesmo, indica que o incremento máis significativo prodúcese no sector servizos, que concentra máis do 66% da subida e, a continuación, aparece o colectivo sen emprego anterior, que ademais "ocupa o primeiro lugar en termos relativos".
A directora xeral explicou que, neste último caso, non se trata, este último caso, de "destrución de emprego", senón de persoas que se incorporan por primeira vez á procura activa de emprego.