Hemeroteca web
|
RSS
Martes 21.05.2013
| Actualizado 12.15
Luís González Tosar (Buenos Aires, 1952), fillo de emigrantes galegos, radicado na Galiza en 1969, é autor de numerosos poemarios. A súa última entrega titúlase: “Estúrdiga Materia”, publicada pola Editorial Galaxia, con limiar do prsidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín. González Tosar non é un descoñecido na poesía galega polo moito que ten aportado a ela, con numerosos rexistros que permanecen abertos e de moi diversas vertentes. Alén de creador foi coordinador da revista “Dorna”, dirixiu a colección “Dombate” e, actualmente, é presidente do Pen Club de Galiza.
A súa poesía configura un dos aportes básicos no que concirne a unha lograda creatividade que contextualiza un dos aportes básicos na construcción da forma e da palabra que concretan a nosa mais actual e innovadora poesía que nos ven de Luís González Tosar. Con este novo soporte de “Estúrdiga Materia”, contemplamos catro apartados que determinan esa heteroxeneidade dentro dunha unidade que ven a ser a sinal dunha intensidade percepción de elementos, en que moitos dos seus versos convértense nunha pulsación de encontros comunicantes, onde a palabra poética determina esa estructura e esa esencialidade dunha maneira eficiente que nunca se converte nun xogo de palabras e de conceptos baleiros.
Este poemario de Tosar toma un caracter expresivo na concepción da arte literal que nos leva ás fontes baudelaireanas e rimbaudeanas, na mais estricta orde desmitificadora, da que fusiona poesía con existencialidade, sen transgredir ese universo da estratificación de conceptualidades emerxentes que vai vencellando a un proceso poético nen ríxido nin ficticio.
Hai partes deste libre que son sublimes e plenas, construídas con severidade e sen renunciar a esa primordial dádiva primoxénita que o lance poético ofrenda a cada autor. Tosar multiplica esa acción da linguaxe que define mundos dos que habitamos e non chegamos a desvendar. Toda unha habilitación de temas que se multiplican nun tempo e nun espazo que o poeta determina, non para ser ritual ou tópico dun escenario convulsivo. Polo contrario, neste libro atopamos “Un tempo íntimo, un territorio/ que vai da vendima á castañeira”, e con tódalas estratificacións que teñen un respiro na transcendencia de tódalas nosas xeografías galegas. Existencialidade onde a palabra-cousa nos achegan a acontecementos, a presentimentos de actualidades que o poeta esboza dunha maneira envolvente sublime.
Desde aquel grande poemario de Luís González Tosar: “Remol das travesías” (1989), até “Estúrdiga Materia”, o noso poeta transitou por eses ermos de insólitas paixóns para significar un universo cargado de memoria e para abrir unha quenlla conductora de presentes e futuros no que a poesía galega configura con Tosar unha excelente aportación á poesía galega mais esixente e de actualidade.
