Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 21.05.2013  | Actualizado 17.42

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1

O PP apoiará "de forma contundente" o endurecemento das penas a incendiarios

Cospedal: "Non é de recibo que uns desalmados poidan privar ás futuras xeracións do noso patrimonio ambiental"

SANTIAGO/MÁLAGA. EP  | 17.08.2012 
A- A+

O PP vai apoiar "de forma contundente e firme" todas as medidas que o Goberno de España poña sobre a mesa para "endurecer as penas contra aqueles que producen o desgaste e a destrución do patrimonio forestal ao provocar incendios", segundo sinalou este xoves a secretaria xeral desta formación, María Dolores de Cospedal.

De Cospedal, que presidiu en Málaga a reunión do Comité de Dirección do PP-A, coa presenza do líder rexional do partido, Juan Ignacio Zoido, entre outros dirixentes, defendeu "o endurecemento das penas para aqueles que sexan provocadores como mínimo intencionadamente" de incendios, así como "a sanción da neglixencia".

"Non é de recibo que uns desalmados poidan privar ás futuras xeracións de algo tan importante como é o noso patrimonio ambiental", declarou a secretaria xeral do Partido Popular e tamén presidenta de Castilla-La Mancha.

Así, De Cospedal chamou a atención a "todos aqueles que non se decatan da importancia deste problema porque moitos destes incendios foron provocados, algúns por neglixencia, e nestes temos que colaborar todos, pero outros intencionadamente".

AGRADECEMENTOS

Ante "o verán intenso e moi problemático" en canto a incendios forestais que está a haber, con máis de 130.000 hectáreas calcinadas, De Cospedal agradeceu o seu labor aos servizos de extinción das comunidades autónomas, das deputacións provinciais e dos concellos, ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, "polo "magnífico labor que está a desenvolver ao longo e ancho de toda España", e á Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A dirixente 'popular' considerou "extraordinaria" a coordinación de todos os medios, tanto materiais como humanos, "dos que dispón non só unha Comunidade, senón todo o país porque todos estamos a traballar en calquera parte onde se nos chame".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS