Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 20.05.2013  | Actualizado 20.08

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1

AUMENTAN AS PROBABILIDADES DE QUE GALICIA VAIA ÁS URNAS O MESMO DÍA QUE EUSKADI

Feijóo, límite 48 horas: este luns ten que dicidir se adianta as eleccións para o 21 de outubro

EDUARDO CARBALLO  | 25.08.2012 
A- A+

A Feijóo esgótaselle o tempo. Este luns que vén deberá decidir se adianta as eleccións. No seu círculo de confianza aseguran que o presidente da Xunta non se entrevistou este venres pasado con Mariano Rajoy, aproveitando a súa viaxe a Madrid para falar co ministro Arias Cañete da agonía do noso agro e do noso mar, pero tamén comezan a filtrar leves sinais de que aumentan as probabilidades de que Galicia vaia ás urnas o 21 de outubrom, coincidindo cos comicios en Euskadi.

O certo é que a decisión do lehendakari Patxi López reduciu a marxe de manobra do inquilino de Monte Pío, que até o comezo do verán parecía máis partidario de esgotar a lexislatura. Os receos antiautonómicos que se respiran en Bruxelas e tamén na capital de España e o custo de imaxe que lle suporía alongar o período de campaña electoral, que comezará este setembro no País Vasco e que remataría, hipotéticamente, en Galicia no vindeiro marzo, parece que van inclinar definitivamente a decisión de Feijóo cara ao adianto, co cal, de paso, compracería ao presidente do Goberno español e ao núcleo duro do PP.

Ademais, as urnas de outubro facilitaríanlle ao líder do PPdeG aparcar a controvertida reforma da Lei Electoral, que agocha un contestadísimo recorte unilateral de deputados no Hórreo, e a incómoda comisión de investigación das caixas. Como guinda, deixaría á oposición case sen tempo para se recuperar das crises de liderado (no PSdeG seguen a voltas con Pachi Vázquez, José Blanco, e Fran Caamaño) e de modelo (o nacionalismo está a dixerir a brutal escisión no BNG).

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS