Xoves 24.07.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 1 de 4]noticia anterior de Aulas Aulas  |  RSS - Aulas RSS

nquisa

Pecé desde cativos

Galicia é a terceira comunidade en uso de ordenador nas escolas infantís ·· O 25% dos centros dispoñen destas ferramentas, cifra que dobra a media estatal

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M.J. CEBRO . SANTIAGO

Un cativo manexando un ordenador infantil na escola Camilo José Cela do Hospital Clínico de Santiago FOTO: ANTONIO HERNÁNDEZ
Un cativo manexando un ordenador infantil na escola Camilo José Cela do Hospital Clínico de Santiago
FOTO: ANTONIO HERNÁNDEZ

Os centros galegos de educacón infantil están á cabeza do estado en uso de ordenador.

Segundo unha enquisa realizada pola empresa fabricante de software para nenos Cibal Multimedia, un de cada catro centros analizados en Galicia usan o ordenador como parte da educación para os pequenos. Unha cifra que case dobra a media nacional, situada no 13%.

O acceso a Internet desde as escolas infantís para xogar e aprender online é aínda claramente minoritario e non supera o 1 por cento respecto do total, segundo un informe de Cibal Multimedia.

A enquisa, realizada mediante entrevistas telefónicas a 1.081 centros de educación infantil e garderías públicos e privados, seleccionadas aleatoriamente en todas as provincias españolas, sinala que o 12,86 por cento destes centros xa utilizan, polo menos unha vez por semana, os xogos educativos de computador con nenos de ata 3 anos de idade.

O estudo constata unha notoria disparidade no uso de computadores por comunidades. Nas 64 escolas analizadas en Galicia, en 16 se usan ordenadores, o que representa o 25%, só superados por Estremadura (32%) e Baleares (29%).

Con todo, entre as catro provincias da nosa comunidade obsérvase unha enorme variabilidade. Se o 40% dos centros analizados na Coruña usan ordenadores e software infantil, en Ourense e Pontevedra esta porcentaxe cae ó 15% (con todo, dous puntos por riba da media estatal), mentres que Lugo queda claramente descolgada ó non detectarse ordenadores en ningún dos centros analizados. "O que non quere dicir que non haxa este material en ningún centro desta provincia", matizan desde Cibal.

Nas comunidades máis atrasadas, co 6 por cento, non chegan á metade de dita media. "Comunidades como Madrid, Cataluña ou País Vasco as porcentaxes son baixísimas, por baixo da media nacional. En Navarro e a Rioxa non atopamos ningunha escola infenatil co software para nenos pequenos", manifestan desde Cibal Multimedia.

En fases posteriores do estudo investigaranse as posibles causas que poderían explicar diferenzas tan acusadas.

No que respecta ás perspectivas de uso futuro das tecnoloxías da información e a comunicación, sgundo os datos da enquisa cada ano increméntase aproximadamente en 4 puntos a porcentaxe de escolas que utilizarán por primeira vez estes recursos tecnolóxicos. Pero case a metade das escolas infantís considera que non introducirán o software educativo en ningún caso.

Fontes de Cibal Multimedia adiantan que en dous anos se volverá facer outro estudo e segundo esta previsión esperan que a implantación dos ordenadores na educación infantil chegue ó 20 ou 25 por cento dos centros.

Estas expectativas son superiores nos centros de educación infantil galegos, xa que en torno ó 15% dos centros que aínda non usan este material educativo contemplan a posibilidade de implantalo.

As coleccións distribuídas pola administración non chega ó 20%

Existe unha coincidencia case total, en torno ao 86 por cento, entre os xogos de computador que compran os pais para os seus fillos nas tendas e os que utilizan os profesionais do primeiro nivel da atención educativa. Pipo Club, a colección líder nas tendas, tamén o é nas escolas, e con cotas de mercado practicamente idénticas, en torno ao 30% por cento en ambos os casos.

Do resto, un 15 por cento aproximadamente corresponde a produtos non comerciais ou distribuídos polas institucións públicas e o 55 por cento restante repártense entre máis de 25 coleccións educativas diferentes, a máis importante cunha presenza inferior ao 6 por cento entre as escolas infantís contactadas. Destacan a colección Clic, Puppi ou Caillou. O ordenador resulta unha ferramenta moi atractiva para os nenos e sorprende a facilidade coa que aprenden a facelo funcionar: primeiro collen traza movendo o rato (aprendendo a coordinar a vista coa man) e captan cómo moverse dentro dun programa concreto. Tardan pouco en aprender a poñer en funcionamento o ordenador e atopar o que buscan.

A organización da aula permite compaxinar as diferentes xeitos de traballar co pecé: individualmente, por parellas ou en grupo. Individualmente reforzan a súa autonomía, por parellas comparten coñecementos e deben pórse de acordo para alternar o uso do teclado ou do rato. Colectivamente pódese comentar un tema.

Complemento que se usa unha vez por semana

Mesmo o fundador de Microsoft, Bill Gates, limita o tempo que os seus fillos pasan xogando no pecé: só 45 minutos de luns a venres e unha hora as fins de semana.

O uso deste material nos centros de educación infantil enténdese como un complemento, non como unha actividade educativa central. "En ningún caso hai unha aula de informática, senón que pode haber un ou dous ordenadores que os nenos usan en grupo ou en parellas unha vez por semana, con moita prudencia", sinalan desde Cibal Multimedia.

 

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS