Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Aulas  |  RSS - Aulas RSS

eso

Menos relixión e máis creación, piden os docentes

13.04.2007 Un milleiro de profesores de Tecnoloxía, Debuxo e Música maniféstanse contra o recorte da carga lectiva

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Os docentes de Tecnoloxía, Música e Debuxo saíron onte ás rúas de Santiago en defensa das súas materias FOTO: CRIS TOBÍO
Os docentes de Tecnoloxía, Música e Debuxo saíron onte ás rúas de Santiago en defensa das súas materias
FOTO: CRIS TOBÍO

Baixo o lema ‘Non hai ensino de calidade sen Tecnoloxía, Música e Plástica’, máis dun milleiro de profesores que imparten estas materias saíron onte á rúa en Santiago para reclamar "unha maior carga horaria obrigatoria" no currículo de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Consideran "insuficiente" e "descompensada" a última proposta de carga horaria da Consellería de Educación, que suma unha hora a cada materia fronte á oferta anterior, que reducía a carga lectiva nun 40%.

O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, cifrou nun 80% a participación na manifestación, que responde á "posición da Consellería de Educación" porque a proposta, ao seu ver, se sitúa "lonxe" do que demandan os docentes e o sindicato nacionalista.

CIG-Ensino, convocante do movemento de protesta, reclama que se amplíe a carga lectiva obrigatoria de Tecnoloxía a seis horas, a catro a de Música para cursar en 1º e 2º de ESO e ofertala como optativa en 3º, mentres que para Plástica pide cinco horas obrigatorias en toda a ESO.

Louzao acusa a Consellería de Educación, de dedicarlle máis horas lectivas ó ensino da relixión que á formación en actividades artísticas.

Baixo o lema ‘Non hai ensino de calidade sen Tecnoloxía, Música e Plástica’, os docentes partiron uns minutos antes das 12.00 horas dende a Praza de Cervantes para rematar uns 20 minutos despois a mobilización ante a sede da Consellería de Educación en San Caetano, onde se cruzaron coa manifestación dos médicos interinos, cos que intercambiaron saúdos.

Os manifestantes, que pertencen a un colectivo duns 1.700 docentes que imparten esta materia en máis de 300 centros en Galicia, segundo datos achegados pola CIG-Ensino, acompañaron a manifestación con música de instrumentos de percusión como pandeiretas e tambores. Portaron tamén outras pancartas nas que se podían ler consignas como ‘A tecnoloxía é cultura’ e ‘Por unha educación creativa’, "Piñón negociación" ou "máis cultura e menos doutrina".

En canto á participación, mentres a CIG a elevou ó 80%, a Consellería de Educación situou no 26,73% o seguimento de media en Galicia da xornada de folga, ao contar a convocatoria co apoio de 374 dos 1.399 profesores convocados. Por provincias, destaca o seguimento en Lugo, co 39,92%; seguida da Coruña, co 33,84%; Ourense, co 24,89%; e Pontevedra, co 13,37%.

"Esperamos que tras o éxito da manifestación e da folga a consellería reflexione, recapacite e faga unha proposta que se achegue á nosa e vaia en beneficio do alumnado e do profesorado", aseverou Louzao.

Por iso, na reunión prevista para hoxe do consello Escolar de Galicia, a CIG-Ensino manterá a posición actual "amparada por 1.700 profesores e unhas 4.000 sinaturas". Ata a data, segundo puntualizou Louzao, entregaron unhas 2.700 rúbricas ás que sumarán as 1.500 que presentarán hoxe no rexistro da consellería.

A CERNA

A nova oferta da Consellería

A nova proposta da Consellería de Educación, que hoxe será avaliada polo Consello Escolar, oferta, no total dos cursos de ESO, unha hora máis en Tecnoloxía, Educación Plástica e Música con respecto á proposta inicial, como resultado da supresión das 2 horas de Segunda Lingua Estranxeira en 3º de ESO, que será optativa. Así, Tecnoloxía pasaría a ter 10 horas (sete tecnoloxía e 3 informática), e Música e Plástica sete cada unha, unha hora menos do horario actual.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS