Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Aulas  |  RSS - Aulas RSS

estudo

Mozos investigadores xa non confían no i+d+i

29.05.2007 Suspéndeno cun 4,2 sobre dez ·· O 92 por cento deles pensa que os traballos que realizan nunca acabarán chegando á sociedade

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P. . MADRID

O 92 por cento dos mozos investigadores españois pensa que non vai existir unha acción comercial que trate de distribuír e difundir os novos produtos ou coñecementos, segundo as conclusións do segundo informe Innovacef, un estudo realizado polo Centro de Estudos Financieiros (CEF) en colaboración coa Federación de Mozos Investigadores/Precarios.

Por segundo ano consecutivo o sistema de I+D+i español suspende en canto ó grao de confianza que esperta no colectivo dos mozos investigadores españois (valoración de 4,2 puntos sobre 10). O informe realizouse sobre unha mostra de 259 mozos investigadores espa- ñois sobre un universo de 25.000.

Respecto do ano anterior produciuse un incremento na porcentaxe dos mozos investigadores que pensan que a acción comercial que se vai producir para difundir e distribuír estes resultados ás empresas ou á sociedade vai ser escasa ou nula (92% en 2007 fronte ó 88% de 2006), polo que parece difícil que se produza unha adecuada transferencia dentro do sistema de I+D+i español que lles proporcione unha maior confianza ós Mozos Investigadores.

 

Insatisfacción na carreira e formación insuficiente

Factores como a insatisfacción dos investigadores na súa carreira profesional, a insuficiente formación para seguir desenvolvendo as súas habilidades e a práctica inexistencia de accións comerciais posteriores á obtención dos coñecementos para a súa difusión provocan a falta de confianza dos nosos mozos investigadores.

Así, o 73% considera que hai escasas ou nulas posibilidades de patentar, o 80% non ten expectativas de recibir formación que lles permita profundar nos traballos que están desenvolvendo, e ó 71% non lle satisfai ou o fai escasamente o plan de carreira investigadora, segundo o estudo do Centro de estudos Financieiros.

 

O traballo só lles reporta beneficios a un 8 por cento

Na actualidade, soamente o 27 por cento dos investigadores está cooperando con outros socios para a realización de proxectos de I+D+i multidisciplinares, e só o 8 por cento afirma que o seu traballo xa está axudando a incrementar os beneficios económicos da organización, indícase no estudo.

Ademais, o 62 por cento ten escasas perspectivas de mellorar a súa propia produtividade.

Pola contra, o 46 por cento cre que se obterán novos ou mellorados produtos ou procesos a partir das súas investigacións, e máis da metade (56 por cento) dos mozos investigadores está de acordo cos recursos económicos de que dispón para realizar as súas investigacións e, aínda que a gran maioría desta porcentaxe considera que serían necesarios algúns fondos máis, non cre que este aspecto prexudique o cumprimento dos obxectivos principais do seu proxecto.

SOLUCIÓNS

Axudas: máis e controladas

O informe Innovacef, realizado polo Centro de Estudos Financieiros, conclúe que existe unha continuidade na problemática dos mozos investigadores españois, que podería solucionarse se se materializan máis axudas á investigación.

Así mesmo, o do informe extráese que se deben vixiar máis estreitamente o uso que se fai delas (das axudas) por parte das empresas, así como recoñecer os dereitos sociais e laborais ós mozos investigadores desde o mesmo comezo da súa carreira e ata obrigar as empresas a destinar parte dos seus beneficios ós programas de I+D+i.

O estudo, o segundo deste tipo, realizouse a través de cuestionarios online a partir dunha mostra de 259 mozos investigadores, dentro dun universo de 25.000.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS