Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Aulas  |  RSS - Aulas RSS

boicot

Vinte mozos rebentan o I Foro de Emprego do campus da USC

15.11.2007 Os alumnos poden deixarlles o curriculum ás firmas participantes e facer entrevistas de traballo

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

. REDACCIÓN

Ó berro de ‘Fóra as empresas da Universidade’, mozos radicais boicotearon o I Foro do Emprego na USC FOTO: C.G.
Ó berro de ‘Fóra as empresas da Universidade’, mozos radicais boicotearon o I Foro do Emprego na USC
FOTO: C.G.

Un grupo de vinte mozos da Assembleia Xeral de Estudantes boicoteou onte a inauguración do I Foro do Emprego da Universidade de Santiago.

Ó berro de "Fóra as empresas da universidade", durante tres cuartos de hora, os mozos ameazaron os congresistas, tiraron folletos, berraron polo hall da facultade, insultaron ó traballador dunha empresa de seguridade privada e golpearon a porta dunha das aulas. Algúns deles cubrían as cabezas con capuchas e os rostros con bufandas.

O vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social da USC, José Manuel Mayán Santos defendeu a filosofía do encontro. "¿Onde van traballar os nosos titulados? É obvio que nas empresas. Por iso é polo que neste tipo de encontros pretendamos achegar as empresas ó mundo universitario. É lóxico que a universidade teña relación co tecido produtivo", explicou.

No I Foro do Emprego da USC, os estudantes non só tiñan a ocasión de presentar as súas demandas de emprego e os seus curriculum, senón que, nalgúns casos xa podían celebrar entrevistas cos responsables da selección de persoal dos expositores.

Unha das estudantes que asistiu onte á primeira xornada do foro, Candela, asegurou que "esta iniciativa é útil para saber onde buscar emprego. É a primeira vez que participo nun foro semellante e o que máis valoro é que nos ensinen como buscar traballo e cales son os requisitos que adoitan esixir as empresas".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS