Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| FOTO: Lavandeira jr. / efe |
Varios centos de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela manifestáronse onte polas rúas da capital de Galiza para protestar contra a construción do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) e contra a implantación do proceso de Bolonia nos campus galegos baixo o lema Bolonia é a nossa ruina.
Os estudantes concentráronse fronte a sede do Parlamento coa vixilancia dun forte dispositivo policial, nunha marcha que rematou cunha asemblea na praza da Quintana en rechazo á "mercantilización da universidade pública".
Non é primeira protesta contra a adaptación das universidades do país ao protocolo común europeo. Os Comités Abertos de Facultade (CAF) organizou o mes pasado unha convocatoria en contra do alza das taxas de matrícula (este curso as segundas e terceiras matrículas subiron un 15% e un 35%) e os postulados do proceso de Bolonia, que construirá o Espazo Europeo de Educación Superior con sistemas comparábeis en 46 países. Os CAF piden, ademais da conxelación do prezo das matrículas, o traspaso de competencias en materia de bolsas do Ministerio de Educación á Consellería.
De feito, un dos temas clave da protesta de onte, xira arredor da demanda contra a alza das taxas no ensino público universitario. Porén, o equipo de goberno da Universidade de Santiago comprometeuse a principios de mes a abrir un espazo de debate e de diálogo sobre o tema do financiamento.