Xoves 02.09.2010
| Actualizado 18.54
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| O presidente Touriño xoga cos rapaces ao Kitball, onte, no campeonato de Vilarmaior, experiencia pioneira de Educación |
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, visitou onte o primeiro campamento bilingüe impulsado polo Goberno autonómico, e apostou por un "ensino multilingüe" en galego, castelán e inglés, insistindo nesta última lingua para superar esa "histórica materia pendente".
Touriño desprazouse onte ó mediodía ata o municipio coruñés de Vilarmaior acompañado pola conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, para visitar o primeiro campamento de inmersión lingüística en inglés da Xunta, para escolares galegos de 12 anos.
Desde o 22 de xuño e ata o 5 de xullo, un grupo de 50 escolares galegos de sexto de primaria, participan no campamento bilinge organizado pola Xunta na Casa Rural Alvarella das Fragas do Eume. Trátase do primeiro dos dous grupos de estudantes que permanecerán no albergue recibindo formación impartida en inglés por profesores e monitores de Estados Unidos e Canadá.
Pérez Touriño percorreu os módulos formativos de Alvarella, onde os nenos realizan as súas clases e actividades diarias en inglés, saudou o persoal do centro e foi invitado polos alumnos a xogar ao "kitball", unha variante do béisbol, onde se batea co pé e actuou como lanzador ata en dúas ocasións aclamado polos escolares.
O albergue de Alvarella foi constituído seguindo criterios de integración ambiental, ecolóxicos e bioclimáticos, que aproveita a enerxía solar para xerar enerxía e promulga o respecto e a educación en valores ambientais. Así, touriño salientou que este campamento recolle os "sinais de identidade" do ensino que se pretende potenciar desde a Xunta de Galicia, con "competencia lingüística" e con respecto "ós mellores valores de proteccíón e preservación do medio natural".
2.800 bolsas de idiomas este curso
Amais dos 10 mozos que irán ás fragas, outros 200 rapaces de 1º da ESO irán a un campamentos en inglés en Carrión de los Condes en Palencia. Os estudantes, de centros públicos, foron seleccionados, despois de presentar a súa solicitude. O criterio de maior valor correspondíase coas menores rendas familiares, do mesmo xeito que para o resto das 2.500 bolsas para estancias no estranxeiro.
Durante este ano 2.800 estudantes formaranse en idiomas con bolsas da Xunta de Galicia: 2.000 de ESO, durante tres semanas no Reino Unido, Irlanda e Francia, e 500 de Bacharelato, tamén en Canadá. A Consellería convocou este ano 1.000 prazas máis que en 2007. Desde 2005, foron máis de 4.300, os nenos galegos que aprenderon idiomas coas bolsas da Xunta.