Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Aulas  |  RSS - Aulas RSS

inicio de curso

Enfado do reitor Barro con Touriño

30.09.2008 O reitor Barro aféalle ó presidente da Xunta o adiamento do plan financeiro para a universidade galega e advirte do risco de inminente estanflación da USC

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

O reitor da USC, Senán Barro, no centro no acto solemne do inicio do curso da Universidad de Santiago
O reitor da USC, Senán Barro, no centro no acto solemne do inicio do curso da Universidad de Santiago

A USC corre "un moi serio risco de entrar nun período de estanflación de graves consecuencias para o noso país", comezou advertindo o reitor Senén Barro no seu discurso de apertura do curso académico 2008-09 na USC no no Paraninfo da Universidade. A inflación económica é "notoria" tanto na actividade docente como investigadora. Ter que desempeñalas "con crecementos económicos mínimos, cando non nulos, ou incluso negativos", supón pór "en solfa" o crecemento e a competencia das universidades, denunciou .

Barro lembrou que o Sistema Universitario Galego, e singularmente a USC, perdeu na última década máis de vinte puntos porcentuais en relación co peso relativo ao financiamento medio do Sistema Universitario Español. Neste contexto, e subliñando que a USC se sitúa como a sétima universidade de todo o Estado no que se refire a produtividade en investigación, "na medida en que se nos esixe maior calidade, a nosa capacidade global diminuirá se os recursos económicos non aumentan de modo importante", indicou.

O reitor criticou que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, "botase por terra" o venres pasado "os compromisos" de financiamento expresados en diversas ocasións ao anunciar que non haberá un novo plan de financiamento universitario para o próximo ano. Como consolación, o titular da Xunta anunciou unha partida extra de 11 millóns.

Barro recordou que o propio Touriño marcou o obxectivo de lograr un investimento en universidades do 1% do PIB ao finalizar a lexislatura, un compromiso que as universidades integraron nas súas planificacións e que, co novo escenario, non permitirá "atender como sería necesario as esixencias do Espazo Europeo de Educación Superior".

Tamén lembrou outras palabras do xefe do Executivo galego nas que apostaba pola necesidade de camiñar cara a un modelo produtivo distinto do actual. Ese modelo alternativo "non se consegue unicamente con universidades, pero tampouco sen elas, nin con universidades mal financiadas", advertiulle o reitor.

Malia non dubidar do compromiso de Touriño co sistema universitario e non querer "reproches públicos", Barro insistiu "na obriga" de advertirlle "ao noso goberno e á sociedade que non podemos seguir así. Estamos estragando o mellor que temos. A autonomía universitaria está sometida a condicionantes de importancia, e o do financiamento é o máis relevante". Este é "realmente o problema e o noso desacougo, e debería selo para toda a sociedade galega, que pode chegar a ver como se apaga o principal motor de impulso desa sociedade do coñecemento".

 

"A USC apertou o cinto unha vez e non o fará de por vida"

Rematou o reitor santiagués cualificando de "moi grave" a situación. A USC leva anos "de recortes, de penuria, que pasan e pasarán factura á nosa capacidade de servir á sociedade galega e de proxectala no mundo". Senén Barro salientou que non desexan medallas polo saneamento económico levado a cabo, pero advertiu de que non asumirán que se entenda que se a institución foi capaz de apertarse o cinto unha vez, o fará de por vida.

A secretaria xeral da USC, Isabel García-Rodeja, presentou a memoria da do curso pasado, no que 31.780 estudantes pasaron polas súas aulas e que se situou na número 25 de Europa en recepción de Erasmus: máis de 2.000 estudantes no 2007/08.

A RESPOSTA

Piñón: "Os cartos subiron un 50% en tres anos, 125 millóns de euros"

A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, asegurou onte que nos últimos tres anos o Goberno galego incrementou o financiamento universitario "un 50%, exactamente 125 millóns de euros". Así respondeu ós medios de comunicación sobre as declaracións efectuadas hoxe polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Senén Barro, quen reclamou un novo plan de financiamento para o sistema universitario e advertiu ó Goberno que as univer- sidades "non poden seguir así".

Ademais, Sánchez Piñón recordou que, nos últimos tres anos, a Xunta "aumentou nun 150 por cento o investimento en actividades de innovación e desenvolvemento".

Por iso, sentenciou que a investigación e as universidades "foron, son e serán unha prioridade" para o Goberno autonómico, e fixo fincapé, a este respecto, na inxección de 11 millóns de euros cos que a Xunta complementará o plan vixente de financiamento.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS