Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Aulas  |  RSS - Aulas RSS

ctificación

Literatura galega do século XX volve ó currículo de Bacharelato

30.09.2008 O DOG publicou onte unha orde que restablece como optativa esta materia ·· A CIG retira o recurso contra a súa eliminación

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

A Consellería de Educación publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova orde pola que restablece Literatura Galega do Século XXI como materia optativa no Bacharelato, polo que o sindicato CIG-Ensino anuncia que retirará o recurso contencioso-administrativo que tiña presentado respecto diso.

A central valora como "positivo" esta rectificación do departamento que dirixe Laura Sánchez Piñón, aínda que considera que sería "máis plausíbel" se se contemplase tamén con Literatura Universal Contemporánea e Xeoloxía "e se se fixera antes de iniciar o actual curso escolar".

"Con esta orde faise xustiza e dáselle rango de normalidade á nosa literatura no sistema educativo, cuestión que estaba posta en xuízo coa imposibilidade de estudar a materia como optativa non Bacharelato", sostén CIG-Ensino nun comunicado.

O sindicato nacionalista recorda que Educación publicou o 27 de xuño pasado "sen previa negociación" unha orde que establecía a relación e o currículo de materias optativas de Bacharel a ofertar polos centros. Nela, a Consellería suprimía a Literatura Galega do Século XXI, Literaturas Hispánicas, Literatura Universal e Contemporánea e Xeoloxía, "materias que ata ese momento se viñan ofertando".

Desde entón, CIG-Ensino, "diante dese atropelo á nosa cultura e á falta de negociación", emprendeu unha serie de accións encamiñadas a que Educación rectificase, como a entrega de máis de mil firmas, solicitar o apoio dos directores de Lingua Galega das universidades de Santiago e A Coruña ou a presentación do recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), polo que onte celebrou que a Consellería atendese a súa demanda.

 

Recurso contra os concertos a centros non mixtos

Por outra parte, o sindicato CIG-Ensino presentou un recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en contra da orde da Consellería de Educación na que se subscriben e se modifican concertos educativos con varios centros privados que, segundo denunciou, "segregan o alumnado" por razón de sexo e "impiden" a escolarización mixta.

CIG-Ensino tachou de "preocupante" que o departamento que dirixe Laura Sánchez Piñón "ceda á presión" de centros vinculados a "posicións retrógradas" e "con idearios ultraconservadores e reaccionarios", entre os que citou a Las Acacias, Montecastelo e Aloya, en Vigo; ou a Montespiño e Peñarredonda, na Coruña.

A CERNA

Principio de coeducación

Para a central nacionalista, é "incomprensible e inaceptable" que a Xunta subvencione con diñeiro público centros que "incumpren flagrantemente" a lexislación e recordou que o artigo 84 da Lei orgánica de educación (LOE) establece que "en ningún caso poderá haber discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, afinidade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal". Tamén subliñou que a citada lei recolle que "serán obxecto de atención preferente e prioritaria" centros que desenvolvan o "principio de coeducación" co fin de fomentar a igualdade entre homes e mulleres.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS