Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Aulas  |  RSS - Aulas RSS

consello de goberno

As galescolas volven ser escolas infantís

12.06.2009 A Xunta retoma o "nome tradicional" e emprende o seu traspaso de Traballo a Educación para o vindeiro curso

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P. . SANTIAGO

Instalacións da galescola de Vilaboa, en Pontevedra, na súa inauguración no ano 2007 FOTO: Antonio Hernández
Instalacións da galescola de Vilaboa, en Pontevedra, na súa inauguración no ano 2007
FOTO: Antonio Hernández

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou onte o inicio do traspaso de ata 477 escolas infantís de 0 a 3 anos que suman 23.544 prazas á Consellería de Educación, pois ata agora dependían de Traballo e Benestar. Explicouno tras a reunión do Goberno galego, onde incidiu en que "volvemos ao nome tradicional de escolas infantís", polo que se deixa atrás o termo de Galescolas do goberno bipartito.

O Consello da Xunta aprobou onte a creación dunha comisión formada por once persoas que serán as que se encarguen de realizar este traspaso, de forma "ordenada", dixo Feijóo, quen avoga porque "todo o sistema educativo" dependa da Consellería de Educación, que no curso 2009/2010 "supervisará todos os contidos de infantil", explicou."Nas aulas só apredizaxe e coñecementos, e criterios pedagóxicos supervisados pola Consellería de Educación", afirmou o presidente galego, quen admitiu que o traspaso efectivo "tardará tempo", debido a que afecta tamén a "profesionais".

Das 477 escolas, 212 son públicas, 60 privadas en mans de entidades de iniciativa social financiadas pola Xunta e outras 205 son de titularidade privada.

A reforma pretende unir nun único departamento e con principios pedagóxicos comúns os dous ciclos de educación infantil (de 0 a 3 e de 3 a 6 anos). Diso encargarase a comisión que integran catro membros da Consellería de Educación, catro de Traballo e Benestar, un representante da Consellería de Facenda, outro do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e ou Benestar e outro da Federación de Municipios e Provincias.

DATOS DE INTERWERW

Relixión no segundo ciclo de Infantil

O Goberno galego aprobou a semana pasada un novo decreto que regula o currículo para a etapa de Educación Infantil, dividida nun primeiro ciclo -de 0 a 3 anos- e un segundo ciclo de 3 a 6 anos. A Xunta confirmou que este decreto inclúe o ensino de Relixión dentro do segundo ciclo de Educación Infantil, aínda que ao comezo de cada curso, serán os pais ou titores dos alumnos os que decidirán se os seus fillos reciben ou non este ensino.

O obxectivo do Goberno galego é "respectar" os dereitos "de todo o alumnado" e das súas familias para que o ensino de Relixión "non supoña ningunha discriminación".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS