Sábado 31.10.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 1 de 5]noticia anterior de Aulas Aulas  |  RSS - Aulas RSS

Catro novos títulos e tres duplicidades menos

O Consello Galego de Universidades modifica a normativa para crear novos graos e elimina o requisito de unanimidade entre os reitores

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Os tres reitores do SUG, de fronte, e á esquerda o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez
Os tres reitores do SUG, de fronte, e á esquerda o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez

O pleno extraordinario do Con­sello Galego de Universidades (CGU) aprobou a creación de catro novas titulacións e a eliminación de tres duplicida­deas que existían no cadro de graos adaptados ó Espazo de Estudos Europeos Superiores (EEES), que se impartirán en Galicia a partir do curso 2010-2011. No entanto, segundo a Con­sellería de Educación, a "falta de sintonía" entre os reitores para alcanzar dito acordo durante a reunión do pleno, que se estendeu ata ben entrada a noite o xoves pasado, fixo nece­sario modificar as Liñas xerais de implantación (asinadas en 2007) respecto da adaptación de titulacións. Ata agora precisábase o "acordo unánime", pero chegada esta fase e coa intención de superar posibles "discrepancias" que puidesen "bloquear" o proceso decidiuse cambiar ese punto e deixalo na "maioría de votos". O reitor da Universidade de Santiago , Senén Barro, restoulle importancia a este asunto e negou a existencia de ningún tipo de polémica entre reitores.

Froito destes acordos, crearanse o Grao de Dietética e Nu­trición Humana -conversión da licenciatura de Ciencias e Tecno­loxía dos Alimentos- e Grao en Ciencias da Cultura -conversión de Humanidades-, que se impar­tirán en Lugo; o Grao en Cen­cias Ambientais -conversión de Física-, en Ourense; e o novo Grao en Enxenería da Enerxía -conversión do título de enxeñeiro en automática e electrónica industrial-, que se impartirá no campus de Ferrol. Así, quedan eliminadas tres duplicidades no SUG, que se corresponden con Humanidades en Lugo -transfórmase en Ciencias da Cul­tura-, que se impartirá só en Ferrol; Ciencias e Tecnoloxía de Alimentos, que ó existir o mes­mo grao en Ourense elimínase en Lugo; e a exclusividade de Fí­sica en Santiago -desaparece en Ourense e pasa a chamarse Grao en Ciencias Ambientais-.

AS REACCIÓNS

Empresariais, o próximo debate Baltar chama "ó movemento" porque Ourense perdeu Físicas

O alcalde de Ourense, o socialista Francisco Rodríguez, cualificou de "boa noticia" a decisión do Consello de Universidades de apoiar a "exclusividade" para a titulación de Ciencias Ambientais no Campus de Ourense que situará a cidade en "referente ambiental en todos os ámbitos de España". O rexedor pronunciouse momentos antes dunha homenaxe ó artista Xaime Quesada e asegurou que para el é unha "satisfacción" por "conseguir unha titulación de grao en exclusiva para Ourense". Para Francisco Rodríguez, esta decisión terá uns "beneficios moi considerables" desde o punto de vista "social e económico" e de "dignificación da nosa universidade", que "non tiña ningunha titulación en exclusiva". Na súa intervención, manifestou que esta situación "vén xustificar a nosa actitude de prudencia amosada dende o goberno municipal", así como "de respecto á institución á que lle correspondía tomar esta decisión".

Con todo, desde o PP consideran que é unha "noticia agridoce", ó obter o Campus de Ourense a Facultade de Ciencias Ambientais e perder a titulación de Física. O vicepresidente do Parlamento de Galicia, o popular José Manuel Baltar, sinalou que "reivindicabamos Física pretendendo que tamén viñera ambientais para Ourense" e considerou que agora é momento de "reflexionar se hai que facer algún movemento".

Unha nova reunión a próxi­ma semana decidirá "o futuro dos títulos adicionais en Empre­sariais", tras detectar "un solap­amento total de perfil" entre os campus de Lugo e mais Vigo.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS