Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Sociedade  |  RSS - Sociedade RSS

"the lancet"

Algúns aditivos poden exacerbar nos nenos actitudes hiperactivas

07.09.2007 Un estudo británico conclúe que certos conservantes e colorantes presentes en Pepsi Max, Fanta ou Sprite e en moitos caramelos provocan perda de concentración, locuacidade e comportamento bulicioso

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE . BRUXELAS

A Comisión Europea (CE) pediulle á Autoridade Europea da Seguridade Alimentaria (AESA) que avalíe os resultados dun estudo británico que vincula certos aditivos e colorantes á hiperactividade dos nenos para decidir se impón medidas sobre esas substancias.

O estudo foi feito para a Axencia de Control Alimentario británica (FSA) por un grupo de científicos da Universidade de Southampton (sur de Inglaterra), que estudaron os efectos dos aditivos nas alteracións do comportamento infantil nun grupo de case 300 nenos, 153 deles de 3 anos e outros 144 de 8 e 9.

Nel sinálase que "o consumo de certas combinacións de colorantes artificiais alimentarios co conservante benzoato de sodio (E211), pode afectar nocivamente ó comportamento dos nenos", explicou a Comisión. O conservante E211 está contido en refrescos como "Pepsi Max", "Fanta" ou "Sprite", e os colorantes artificiais E110, E102, E122, E124, E129 e E104, están presentes en moitos caramelos e doces consumidos diariamente polos nenos. No estudo, do que se fai eco The Lancet, os expertos detectaron indicios de hiperactividade en nenos que consumiran bebidas con aditivos, como un comportamento bulicioso, perda de concentración, incapacidade para xogar cun só xoguete ou completar unha tarefa e maior locuacidade.

Segundo afirmou un dos seus portavoces, Michael Mann, a AESA está avaliando de novo o conxunto de aditivos, empezando polos colorantes, para "garantir que a súa avaliación actual segue sendo válida no marco dos datos máis recentes".

O EXPERTO

Difícil eliminar o benzoato de sodio

O director da investigación, Jim Stevenson, cre que poderían tomarse medidas rápidas contra os colorantes, pero que levaría máis tempo ir eliminando o uso do benzoato de sodio como conservante.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS