Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 23.07.2014  | Actualizado 19.30

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1

cifras

As lucenses son as que menos fillos teñen en España

A media de Galicia é de 1,03 fronte ó 1,38 estatal, o que nos sitúa no segundo posto tras Asturias, con 0,98

EFE  | 01.06.2008 
A- A+

As mulleres de Galicia, con 1,03 fillos de media, son, xunto coas de Asturias (0,97) e Castela e León (1,11), as que menos fillos teñen por baixo da media nacional de 1,38 descendente por muller.

En canto a provincias, as mulleres por menor número de descendentes de media tamén son de Galicia e Castela e León, en concreto as lucenses (0,88), as ourensás (0,93), seguido das zamoranas (0,95). Así se desprende do estudo ‘España en cifras 2008’, publicado esta semana polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e que ofrece unha visión actualizada sobre distintos aspectos da realidade social e económica do país. Melilla, con 2,20 fillos por muller, así como Ceuta (1,92), Murcia (1,64), Andalucía (1,51) e Cataluña (1,48) son as autonomías onde as mulleres teñen un maior número de vástagos, por encima da media nacional, que é do 1,38 por cento.

Superiores a esa media estatal colócanse tamén Navarra (1,44), Madrid (1,42), Baleares e Castela-A Mancha (1,41 fillos por muller en cada caso) e a Comunidade Valenciana (1,39). O resto de comunidades están por baixo da media estatal, con casos máis significativos en Asturias (0,97) Galicia (1,03) e Castela e León (1,11). Por provincias, ademais das citadas Melilla, Ceuta e Murcia, as mulleres máis fecundas son as de Almería (1,65), seguidas das de Xirona (1,61) e Guadalaxara (1,59).

 

Liña ascendente de nacementos desde 1998

Os últimos datos dispoñibles polo Instituto Nacional de Estatística aseguran que continúa o ascenso do número de nacementos en España, particularmente notable desde o ano 1998, e a taxa bruta de natalidade –que reflicte o número de nados vivos por mil habitantes– alcanza a cifra de 10,96.

A idade media das nais para o nacemento do primeiro fillo descende de forma pouco significativa e colócase nos 29,3 anos segundo o Instituto Nacional de Estatística, que sinala que os nados fora do matrimonio representan o 28,4 por cento do total, cifra que ano tras ano tamén se vai incrementando. Entre as nais estranxeiras, os nados fóra do matrimonio son o 41,2%. Destaca o estudo do INE a porcentaxe de nados de nai estranxeira, que chega ó 16,5%, un valor que tamén aumenta en termos absolutos. l

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS