Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Sociedade  |  RSS - Sociedade RSS

revolución

Dereitos humanos xa!

13.09.2008 Con este lema arrinca hoxe en Madrid a II Marcha pola visibilidade da diversidade funcional ·· "Discapacitado non pode ser a única referencia dunha persoa", di Antón Novoa, voz galega do Foro de vida independente

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M. T. . SANTIAGO

Antón Novoa, presidente de Vigalicia, rama galega do Foro de Vida Independente durante a I Marcha o ano pasado en Madrid
Antón Novoa, presidente de Vigalicia, rama galega do Foro de Vida Independente durante a I Marcha o ano pasado en Madrid

"A diversidade funcional condiciona, pero ser discapacitado non pode ser toda referencia dunha persoa na vida". Son as palabras de Antón Nóvoa, presidente da "filial" galega do Foro Europeo de Vida Independente, VIgalicia.

VIgalicia participa hoxe en Madrid na "II Marcha pola visibilidade da diversidade funcional", na que reclamarán o dereito das persoas con diversidade funcional a "poder determinar como vivir a súa vida".A marcha, que se iniciará ás 18:00 horas, percorrerá as rúas da capital desde a Praza de Jacinto Benavente ata as proximidades da glorieta de Atocha.

Pero o lema concreto deste ano é o incisivo: "Dereitos humanos xa!" que lucirán as camisolas e carteis dos miles de persoas de todas partes do estado -entre os que se atopa unha moi nutrida representación galega-. E por que esta consigna? "Pois porque se trata dunha aposta pola vida, pola dignidade, e unha determinación inmutábel en loitar por dereitos humanos e pola independencia. Faise con este lema un chamamento para que se cumpra a lei e para nós neste momento a lei é a convención de nación unidas, cuxa sinatura esixe que se antepoña a toda normativa. Non é unha simple cuestión social, senón que os que teñen que construír edificios, os que fan transportes... todos os departamentos de todos os gobernos teñan que tela en conta". E é que, en virtude doutra convención internacional anterior, a de Viena do ano 1969 -artigo vinte e sete- o dereito interno dos Estados non supera o acordado internacionalmente.

A primeira Declaración dos Dereitos Humanos do século XXI, a Convención Internacional sobre o dereitos das persoas con discapacidade de Nacións Unidas entrou o pasado tres de maio en vigor no Estado español grazas ao acordo de ratificación de vinte países -o número necesario para ser efectiva-.

A convención é un instrumento vinculante para os gobernos, quen deberán introducir cambios nas súas lexislacións. "Unha revisión do sistema lexislativo español que deixe de considerar a diversidade funcional unha enfermidadde e pase a vela como una cuestión de dereitos humanos e, polo tanto, unha cuestión social", puntualiza o portavoz estatal do Foro de Vida Independente, Javier Romañach, un histórico do activismo pola diversidade designado por Nacións Unidas como experto do referenciado Estado español. Do mesmo xeito, deberán mellorar a calidade de vida destes cidadáns para que poidan ter acceso a sistemas de saúde adecuados, á información e á mobilidade exenta de obstáculos físicos e sociais. "Para iso teranse que modificar a Lei de dependencia e as leis de servizos sociais, tanto española como galega e dos concellos para a a plena igualdade das persoas con diversidade funcional".

O termo diversidade funcional naceu dunha reflexión do Foro de Vida Independente, un movemento cidadán que loitan contra a discriminación e a igualdade e por "pór en positivo o fenómeno social da discapacidade", explica. "As persoas poden ter funcionamentos dos seus corpos ou das súas mentes diferentes", indica, e con este termo pretendemos referirnos a ese "funcionamento diverso, fuxindo do estigma e das nomenclaturas negativas". A diversidade funcional aínda se trata como "un problema médico que se pode rehabilitar" e pervive "o paternalismo de persoas que nos din como habemos de vivir".

O DATO

A figura do asistente persoal, unha férrea demanda

O Foro de Vida Independente foi o primeiro en introducir no Estado español a creación da figura do asistente persoal para lograr desenvolver "unha vida normal". Galiza é a única comunidade que conta cun proxecto piloto destas características

"Se nos exclúen da sociedade en centros especiais, creamos unha forma de sociedade deshumanizada", e engadiu que, para lograr esta inclusión é necesario que "a sociedade comprenda" estas persoas "funcionan diferente e participan igual" que calquera outro cidadán.

Novoa explica que esta inclusión debería iniciarse desde a educación, xa que existe unha "diferenciación" entre os centros públicos do sistema educativo e aqueles en os que reciben formación as persoas con diversidade funcional.

"Todos deberiamos ter dereito a estar presentes nos mesmos centros educativos", temos unha Constitución na que se recoñecen os nosos dereitos e estes "non están sendo respectados", afirmou.

O presidente de VIgalicia considerou que "a diversidade funcional achega riqueza á sociedade, o que fai mellores ás persoas e ás comunidades".

Así, coa súa participación na marcha pretenden lograr o "empoderamento" destas persoas, mediante o "respecto dos seus dereitos e da súa dignidade", pois "cada individuo é único e irrepetible, e a súa vida tamén".

Por iso, debe recoñecerse ás persoas con diversidade funcional "o dereito a decidir sobre a súa vida" e a poder desenvolvela lonxe destes centros "que se parecen máis a cárceres", conclúe Novoa.

Proxecto Cooperhemos de hemofílicos

Cogami pon en marcha o Proxecto Cooperhemos, promovido pola Asociación Galega de Hemofilia, que nace da irmandade entre a Asociación Galega de Hemofilia e Asociación Peruana de la  Hemofilia.

En Hemofilia, a irmandade enténdese como a colaboración formal e bilateral entre organizacións de pacientes ben establecidas con outras de constitución recente.

Encádrase dentro do Programa de Irmanda de Organizacións de Hemofilia, da Federación Mundial de Hemofilia, que comprende diversos tipos de actividades. Dito proxecto centrarase especialmente na capacitación, entendendo esta como a transmisión de coñecementos, valores e destrezas sobre asuntos tales como relacións institucionais, formación de voluntarios e xuntas directivas, plans estratéxicos, recadación de fondos, etc., coa finalidade de mellorar as oportunidades socio- sanitarias mediante a participación do colectivo de pacientes, é dicir, a Asociación Peruana, nos procesos de decisión respecto da Hemofilia.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS