Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Sociedade  |  RSS - Sociedade RSS

informática

Nace "Exeria", unha ferramenta contra a linguaxe sexista

20.01.2009 Con 129 millóns de palabras, facilita a revisión de textos e ofrece alternativas

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

A Administración galega conta desde onte cunha nova ferramenta para combater a linguaxe sexista. Trátase da aplicación informática "Exeria", que foi presentada onte á mañá pola secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán. Desenvolvida conxuntamente por Vicepresidencia e a Consellería de Innovación, o obxectivo de partida foi crear un glosario de linguaxe non sexista e non discriminatorio.

"Exeria" facilita a revisión lingüística de textos e ofrece alternativas, detectando aqueles termos que son susceptibles dun uso sexista e presentando ante o usuario unha relación de opcións alternativas, orientando a revisión da documentación. Para cada palabra incorrecta que se detecta, a aplicación ofrece ata cinco alternativas, suxerindo sempre o uso daquel termo máis inclusivo, ou sexa, que non ofreza discriminación ningunha por razón de sexo. Ademais, o sistema alerta tamén dos cambios que deberían realizarse no resto do texto en caso de optar por unha ou outra opción.

A nova ferramenta informática, segundo explicou onte Carme Adán, está xa operativa e será enviada de xeito inmediato a todos os servizos da Xunta para que poidan usala na súa actividade diaria. Ata este momento, só existían guías estritas de consulta, mentres que agora xa se aposta polas novas tecnoloxías.

Se un funcionario -termo que debería ser substituído por "funcionario ou funcionaria" ou por "persoal funcionario"- está redactando un documento e utiliza a palabra "individuo", por exemplo, esta nova aplicación informática suxírelle alternativas como "persoa", "ser humano" ou "xente".

Baseada no uso actual do idioma co apoio de análise de textos, unha das principais características de "Exeria" é partir dunha tecnoloxía aberta tanto no aspecto informático como no lingüístico. Intégrase no OpenOffice.org, para permitir a interacción na elaboración de documentos, e inclúe un total de 129.282.184 palabras, nun repertorio de temas que se irá ampliando con suxestións dos usuarios.

A aplicación está dispoñible en internet, a través do enderezo http://www.exeria.net, desde onde pode ser descargada por todas as persoas interesadas.

EXEMPLOS

Un exemplo do funcionamento de "Exeria" pode ser a detección dunha palabra como "nenos" e a oferta das seguintes cinco alternativas, que non son susceptibles de uso sexista: "infancia", "poboación infantil", "nenos e nenas", "nenas e nenos" e "nenos/as".

 

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS