Luns 09.11.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
[Noticia 6 de 7]noticia anterior de Sociedade Sociedade  |  RSS - Sociedade RSS

unións de feito

O Goberno denega as pensións de viuvez a gays

Botou atrás 64 das 65 pedidas

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE

O número de pensións de viuvez pedidas por parellas de feito de persoas homosexuais desde xaneiro de 2008 a xullo de 2009 ascende a sesenta e cinco, das que sesenta e catro foron denegadas pola Seguridade Social.

O Goberno explica nunha resposta parlamentaria que as denegacións se basean sobre todo no incumprimento dun ou varios requisitos da lei de medidas da Seguridade Social, que entrou en vigor en xaneiro de 2008. O texto legal recoñece, con carácter excepcional, o dereito das parellas de feito á pensión de viuvez cando producíndose a morte con anterioridade á entrada en vigor da lei concorran determinadas circunstancias. Entre elas, que a parella de feito mantivese unha convivencia ininterrompida durante, polo menos, os seis anos antes da morte dun dos seus membros; que tivesen fillos comúns; constituírse formalmente como parella de feito dous anos antes do falecemento, así como cotizar un período mínimo de 15 anos.

O Executivo afirma que a ausencia dunha regulación xurídica xeral sobre as parellas de feito fai necesario identificar a súa situación a efectos da acción protectora da Seguridade Social.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS