Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Sociedade  |  RSS - Sociedade RSS

balance

A taxa de criminalidade galega, 40 puntos por baixo da media europea

12.03.2010 Situouse o ano pasado en 27,1 delitos por cada mil habitantes, fronte ós 45,8 de media española e os 69,1 da UE ·· O incremento dun 0,7 respecto do 2008 asóciase coa inclusión dos referidos ó tráfico, incide Louro

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ÁNGEL ORGAZ . SANTIAGO

Antón Louro, no centro, con Luis Manuel García Mañá, Manuel Ferreiro, Delfín Fernández, José Manuel Pose, Camilo Ocampo e José Vázquez Portomeñe  FOTO: Cabalar/EFE
Antón Louro, no centro, con Luis Manuel García Mañá, Manuel Ferreiro, Delfín Fernández, José Manuel Pose, Camilo Ocampo e José Vázquez Portomeñe
FOTO: Cabalar/EFE

Galicia afiánzase como unha das zonas máis seguras de Europa e, xa que logo, do mundo. Segundo os datos que facilitou onte o delegado do Goberno, Antón Louro, sobre o balance anual, a taxa de criminalidade en Galicia situouse durante o ano pasado en 27,1 delitos por cada mil habitantes, fronte ós 45,8 alcanzados de media en España ou os 69,1 delitos por cada mil habitantes na Unión Europea.

E todo iso nesta época de crise que apenas repercutiu sobre os datos, xa que sobre 2008 o índice de criminalidade só creceu un 0,7. Galicia mantense así 18 puntos por baixo da taxa española e a case 40 da europea. Louro explicou que ese incremento sería aínda menor se se extraesen os datos correspondentes ós delitos contra a seguridade viaria (agora tipificados como penais coas modificacións lexislativas realizadas recentemente).

O delegado do Goberno puntualizou que sen contabilizar esas infraccións de seguridade viaria a taxa de delitos e faltas durante o ano pasado caería ó 25,6, o que na práctica supón o mantemento das cifras do ano 2008, xa que se experimentou un aumento de 0,2 puntos por 1.000 habitantes.

Antón Louro, que durante a presentación estivo acompañado do xeneral da Garda Civil en Galicia, Manuel Ferreiro; o xefe superior de Policía, Luis García Mañá, e os subdelegados das catro provincias, recalcou que ata con eses datos de tráfico, a taxa alcanzada en 2009 continúa sendo inferior á media da última década, que está en 26,5 delitos por cada mil habitantes. E aínda así, en termos absolutos, o aumento debeuse non ó incremento dos delitos, senón das faltas, fundamentalmente as relacionadas con lesións, pelexas e agresións de carácter menor.

Durante 2009 contabilizáronse un total de 27.771 delitos (17 máis que en 2008) e 21.399 faltas (722 máis que o ano anterior), á parte dos 4.203 delitos contra a seguridade viaria e outras 22.398 infraccións non principais.

En canto a delitos, baixaron os referidos ó patrimonio, cun descenso do 1,5 por cento ó contabilizarse 339 menos que o ano anterior. Esta diminución foi propiciada polo menor número de roubos de vehículos, o roubo con forza en establecementos e os furtos.

Con todo, aumentaron os delitos contra a vida, a integridade e a liberdade persoal, que se incrementaron nun 6,8%. Antón Louro especificou que sobre todo se debeu ó crecemento do 25,1% dos delitos de malos tratos físicos e psíquicos e ó aumento dos que o Código Penal cualifica como de corrupción de menores, que creceron un 90,9 por cento. O delegado do Goberno quixo aclarar que aínda que a porcentaxe é moi elevada, en números absolutos estes delitos chegaron a 21 en Galicia durante o ano pasado e subida que se debeu ó incremento da capacidade investigadora sobre todo nos delitos de carácter informáticos e a un maior número de denuncias por parte dos afectados.

Pero pola contra, sempre segundo os datos que ofreceu o delegado do Goberno en Galicia, os asasinatos e homicidios descenderon un 7,1 por cento o ano pasado.

En 2009 a Policía Nacional e a Garda Civil de Galicia esclareceron un 55,4 por cento dos delitos, unha taxa 15 puntos por encima da media nacional e un 3,3% maior que a de 2008. En canto á taxa de detidos, Galicia sitúase na media de España cunha taxa de 172 detencións por cada mil infraccións penais coñecidas durante o ano pasado.

O delegado, finalmente, recoñeceu o esforzo do Ministerio do Interior co incremento de efectivos de Policía Nacional e Garda Civil, un 24,4 por cento máis ó longo dos últimos sete anos, asegurou.

A CLAVE

Eficaces Corpos de Seguridade

Antón Louro destacou na rolda de prensa que o bo clima de seguridade que se vive en Galicia é, en gran parte, reflexo da continua mellora das taxas de eficacia das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que o ano pasado lograron o mellor rexistro da década.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS