Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Política Galicia  |  RSS - Política Galicia RSS

SIGLAS "SAGRADAS"

Pousa Antelo non quere que o ‘novo’ PG utilice o seu nome

01.12.2006 Avelino Pousa Antelo desvincúlase da nova encarnación do Partido Galeguista e reclámalle a Francisco López, "Chesqui", que non use o seu nome para facer campaña

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

A. LOSADA . SANTIAGO

Avelino Pousa Antelo, galeguista histórico, tras recibir o premio Pedrón de Ouro
Avelino Pousa Antelo, galeguista histórico, tras recibir o premio Pedrón de Ouro

Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao, quere desvincularse por completo da actual encarnación do Partido Galeguista (PG), encabezada polo escritor Xabier González Sotelo (presidente) e polos políticos independentes Manoel Soto (secretario xeral) e Francisco López Chesqui (vicesecretario xeral), porque considera que a súa reactivación destas "siglas sagradas" só obedece "ó desexo de medrar persoalmente".

Pousa Antelo di que, aínda que as siglas do partido que fundou Castelao nos anos trinta pertencen agora a esta nova formación, non representa o espírito do galeguismo clásico e non quere verse mesturado con ela. Nunha entrevista publicada recentemente por este xornal, Francisco López Franco Chesqui aseguraba que a súa xeración "recibíu a remuda de mans dos vellos galeguistas, como Avelino Pousa Antelo, Ramón Martínez López ou Manolo Beiras".

Segundo López Franco, o novo PG ten liña directa , co "partido da intelectualidade galeguista dos anos 30" e fai seu o espírito que levo a aquela formación a loitar pola aprobación do Estatuto de 1936, xa que xente como Xabier González ou el mesmo participaron na reactivación destas siglas tras a ditadura de Franco.

O coñecido divulgador da cultura galega afirma que el non lle deu autorización "ó ex-amigo Chesqui" para empregar o seu nome como parte da campaña electoral do novo Partido Galeguista, e asegura que quere verse fóra da política activa.

Pousa Antelo é drástico no seu rexeitamento: "Eles montaron a cousa á súa maneira, ben, pero a min non me gusta e non lles dou o meu apoio. A súa ambición de facerse cun trociño de poder persoal a calquera prezo choca co meu sentido da ética. Se teñen dereito a usar esas siglas, que sigan, pero que a min non me nomeen".

Engade, ademais, que lle desagrada o uso que están a facer dunhas "siglas sagradas", porque representan os primeiros pasos do moderno nacionalismo galego, e "non merecen ser usadas para gañar poder persoal". De todos os xeitos, o histórico galeguista non cre "que lles vaia saír ben", nin que acaden un volume de votos significativo nas vindeiras eleccións.

 

Un partido refundado sobre bases de independentes

A nova encarnación do PG xurdiu en novembro de 2004, das mans de Xabier González e Manoel Soto, pero a súa primeira cita electoral serán as eleccións municipais de maio de 2007, onde esperan presentar listas na metade dos concellos de Galicia (150, aproximadamente) e chegar a gobernar en varios deles, ademais de colocar algún deputado provincial.

O PG expandiuse, maioritariamente, incorporando ás súas filas pequenos partidos independentes que xa existían, o que motivou que outras formacións cuestionasen ata que punto os novos galeguistas tiñan un programa conxunto.

NO PASADO

Castelao, Risco é Bóveda, os nomes da formación histórica

O Partido Galeguista histórico naceu en decembro de 1931, durante a Segunda República Española, por iniciativa da maioría dos intelectuais nacionalistas da época. Nas súas filas integrábanse nomes de ideoloxías tan dispares como Castelao, Alexandre Bóveda, Vicente Risco ou Antón Villar Ponte.

Ó pouco da súa fundación, o PG comezou a negociar cos partidos republicanos de esquerda para conseguir a aprobación dun Estatuto de Autonomía para Galicia, apoiado polo seu semanario afín. A Nosa Terra. Participa en solitario nas eleccións municipais de 1933, con malos resultados, o que abre un debate interno sobre a conveniencia de aliarse con partidos non nacionalistas. O sector máis á dereita, liderado por Risco, rexeita esta posibilidade é o PG presentase ós comicios xerais sen apoios, pero non consegue ningún deputado. A CEDA chega ó goberno en Madrid, paraliza o Estatuto, e obriga a Castelao e Bóveda a exiliarse, acusándoos de estar implicados nas revoltas esquerdistas dese ano.

No 36, xa coa súa cúpula rehabilitada, o PG intégrase na Front Popular, unha coalición de esquerdas no eido estatal, para as vindeiras eleccións parlamentarias, o que provoca que Risco lidere unha escisión: a Dereita Galeguista. Castelao, Suárez Picallo e Vilar Ponte logran escanos en Madrid, e apoian o plebiscito a favor do Estatuto, pero a Guerra Civil impide a súa aprobación.

O PNG-PG, integrado no Bloque, loce o mesmo nome

En Galicia hai outro partido que recolle as siglas da formación política de Castelao, o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista, integrado dende hai anos no BNG.

Tras a "hibernación" do Partido Galeguista refundado tras a ditadura de Franco, en 1991, varios dos membros situados máis á esquerda asociáronse co PNG unha das moitas formacións nacionalista minoritarias que florecían naquel parorama político, e o partido pasou a denominarse PNG-PG. Pouco tempo despois, esta formación entrou nas filas do BNG.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS