Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Política Galicia  |  RSS - Política Galicia RSS

DÍA DA PATRIA

Quintana quere máis autogoberno

26.07.2007 Quintana marca o reto de converter o BNG na forza decisiva para o futuro Executivo central ·· Pide máis autogoberno e reafirma o compromiso de lograr un Estatuto propio

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

R. FERNÁNDEZ . SANTIAGO

O portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Anxo Quintana, diríxese ante os simpatizantes congregados onte na Quintana para celebrar o Día da Patria FOTO: RAMÓN ESCUREDO
O portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Anxo Quintana, diríxese ante os simpatizantes congregados onte na Quintana para celebrar o Día da Patria
FOTO: RAMÓN ESCUREDO

"Hoxe somos un pouco máis nación". Así o asegurou onte o portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Anxo Quintana, no tradicional discurso do Día da Patria, no que marcou o reto de converter o BNG nunha forza decisiva para o futuro Goberno central e lograr nun futuro non afastado un verdadeiro Estatuto de primeira para Galicia. "Nunca gobernamos tanto e a tantos, nunca puidemos facer tanto por tantos e nunca tivemos tantas oportunidades de facer nación a diario", recalcou o líder nacionalista e vicepresidente da Xunta ante 25.000 simpatizantes que se congregaron na praza da Quintana tras percorrer as principais rúas de Compostela.

Baixo o lema A forza que fai país, a mobilización nacionalista partiu, pasadas as doce da mañá, da Alameda compostelá co propio Quintana á cabeza, acompañado de Xosé Manuel Beiras, que este ano volveu á primeira liña da manifestación, tras anos participando como un militante máis. Os catro conselleiros nacionalistas, deputados parlamentarios e representantes municipais de todos os concellos onde está presente o BNG acudiron ó acto no que se reivindicou a construción dunha "nación galega firme, segura, orgullosa e respectada".

 

Reivindica o dereito á autodeterminación

Por iso, Quintana reivindicou o dereito de autodeterminación, "non coma un feito puntual nin como unha decisión plebiscitaria", senón como un proceso dinámico para acadar cada día maior capacidade de autoorganización e maiores cotas de autogoberno.

A pesar do fracaso da reforma estatutaria, o líder do BNG asegurou que se deu "un paso adiante sen volta atrás na construción nacional de Galiza", ó tempo que renovou o compromiso do seu partido para acadar un Estatuto de primeira con identidade propia: "Galiza é hoxe máis nación, aínda sen estatuto porque somos máis os que queremos que teña o Estatuto de Nación que merece e precisa", setenciou.

Neste punto, cominou os votantes do PPdeG para que "non renuncien os seus soños e camiñen xunto a nós en nome do sentimento por este país".

O líder nacionalista fixo referencia tamén ás vindeiras eleccións xerais, na que o BNG pretende conseguir unha "representación decisiva", para que o nacionalismo galego pese e decida na política estatal e conseguir un estado plurinacional conformado por nacións libres e iguais que libremente deciden cooperan entre si e onde o nacionalismo deixe de estar "estigmatizado".

Así lle advertiu ó Executivo central que o seu apoio ós próximos Presupostos Xerais do Estado está condicionado ó cumprimento por parte do goberno de ZP dos seus compromisos en materia de infraestruturas, benestar, fenda dixital e desequilibro territorial. "Non puideron despachar este país cun estatuto de segunda e non van poder despacharnos cuns orzamentos do Estado que traten a Galiza coma un país de segunda", clamou Quintana. Neste sentido, asegurou que o BNG será o único que poida manter co Goberno unha negociación "entre iguais", xa que tanto o PSdeG como o PPdeG xa decidiron o seu voto antes de ver as cifras finais dos investimentos do Estado.

 

Gañar "voto a voto" a relevancia que temos que ter

Por todo iso, Anxo Quintana convidou todos os presentes a traballar sen descanso para gañar "voto a voto" a relevancia que Galiza ten que ter. "Unha forza política que non se alimenta dos seus soños acaba sendo inútil para a nación á que pretende servir. É tempo de alimentarnos dos nosos soños e de que eses soños se fagan realidade convertendo a Galiza na nación forte e firme que queremos", setenciou Quintana entre a ovación dos miles de simpatizantes que botaron abaixo a praza compostelá.

Iria Aboi: "Galiza Nova é o motor do nacionalismo"

A mocidade liberando Galiza foi o lema elixido pola asociación xuvenil Galiza Nova para participar na manifestación do Día da Patria. Despois do malestar creado na organización o ano pasado tras considerarse "obviada" polo BNG, a dirixente de Galiza Nova, Iria Aboi, foi este ano a encargada de abrir o discurso na Praza da Quintana, dende onde arengou á xuventude galega a facer país nas filas nacionalistas: "Galiza Nova é o motor do nacionalismo", sentenciou Aboi, quen reivindicou a defensa dos sectores produtivos básicos, a cultura e o noso idioma e o benestar dos mozos "para que traballen na súa terra. O país precisa do BNG, porque o BNG é un pobo, unha cidade, a única alternativa para que Galiza teña futuro", asegurou a dirixente de Galiza Nova.

AS FRASES

Anxo Quintana

"Nunca gobernamos tanto e a tantos, nunca puidemos facer tanto por tantos e nunca tivemos tantas oportunidades de facer nación a diario"

"Non puideron despachar este país cun estatuto de segunda e non van poder despacharnos cuns orzamentos do Estado que traten a Galiza como un país de segunda"

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS