Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Política Galicia  |  RSS - Política Galicia RSS

INDIFERENzA EN GALICIA

Miniguerra de bandeiras no Obradoiro

13.10.2007 Unha trintena de persoas participaron onte pola mañá en Santiago nun acto convocado por Novas Xeracións na defensa da insignia vermella e amarela "como símbolo da soberanía, integridade e unidade de España" ·· Conde Roa foi o encargado de ler o manifesto diante da Catedral

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P. . SANTIAGO

Bandeiras españolas de todos os tamaños víronse onte no Obradoiro, durante unha concentración, e tamén nas ventás dalgunhas casas do núcleo histórico compostelán FOTO: RAMÓN ESCUREDO
Bandeiras españolas de todos os tamaños víronse onte no Obradoiro, durante unha concentración, e tamén nas ventás dalgunhas casas do núcleo histórico compostelán
FOTO: RAMÓN ESCUREDO

Unhas 30 persoas acudiron onte en Santiago de Compostela á concentración convocada por Novas Xeracións (NNXX) do Partido Popular (PP) na que se leu un manifesto en defensa da bandeira española como símbolo da "soberanía, integridade e unidade de España".

No acto, organizado na Praza do Obradoiro con motivo do Día da Hispanidade, o portavoz do grupo municipal do PPdeG en Compostela, Gerardo Conde Roa, foi o encargado da lectura do texto co que NNXX pretende "animar os composteláns para que utilicen os símbolos patrios por encima de calquera ideoloxía".

O manifesto sitúa o significado da bandeira como "símbolo de nación, soberanía, integridade, independencia, unidade e integridade da patria e que representa os valores contidos na Constitución". Conde Roa, arroupado polas persoas que acudiron á convocatoria con bandeiras españolas, continuou coa lectura dun texto co que as NNXX pretendían "salientar" a "esixencia legal, ratificada polo Tribunal Supremo, de que a bandeira ondee todos os días nos estamentos, de acordo cos valores, principios, dereitos e deberes constitucionais que a propia bandeira representa".

Ademais, o escrito defende que hai que "render homenaxe respectuoso aqueles símbolos" que proporcionan "a sensación de benestar, confianza, seguridade e garantía de convivencia pacífica e harmonía".

O manifesto do PP asegura que a bandeira española -"coas súas cores e o seu escudo"- exhibe "ante todos e ante o mundo o orgullo de pertencer a unha democracia amparada nos valores constitucionais da liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo, o respecto á lei e ao dereito".

Continuando coa lectura, Conde Roa proclamou que a bandeira española, o himno nacional, a constitución e a monarquía son "símbolos que unen" e, por este motivo, "xeran respecto" polas particularidades dos demais municipios e doutras comunidades autónomas distintas á nosa.

O texto argumentaba tamén que "grazas a estes alicerces" os españois están "seguros de compartir os mesmos valores e percorrer un mesmo camiño de ilusión e esperanza no futuro". A lectura do manifesto concluíu con proclamas de "Viva España!".

O acto foi presenciado, desde a escalinata da Catedral de Santiago, por un grupo de mozos que portaban unha bandeira de Galicia co escudo de Castelao para unha República galega e outra estreleira, como símbolo de liberación nacional e social.

Ó finalizar, este grupo de mozos lanzoulles mensaxes ás preto de 30 persoas que se reuniron no Obradoiro, o que deu lugar a un careo de consignas sen ningún tipo de actitude violenta por ningunha parte dos dous grupos.

Así, proclamáronse frases como "a solución é a autodeterminación", "independencia", "Galicia ceive poder popular", por parte dos mozos nacionalistas; e "España é unha e non cincuenta e unha", desde o grupo dos simpatizantes e militantes do Partido Popular.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS