Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Política Galicia  |  RSS - Política Galicia RSS

recapitulando

O PPdeG realiza un balance positivo do "máxico" 2009

28.12.2009 Destaca que, co goberno de Feijóo, hai "eficiencia no gasto público" fronte ó "luxo" do Bipartito

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Feijóo, satisfeito cos resultados obtidos polo PP nas eleccións galegas FOTO: J.J. Guillén/EFE
Feijóo, satisfeito cos resultados obtidos polo PP nas eleccións galegas
FOTO: J.J. Guillén/EFE

O PPdeG remitiu onte un comunicado no cal realiza o seu paricular balance do ano 2009 que está a piques de acabar. Os populares salientes que "pechan desde o Goberno" autonómico "un ano que comezaron desde a oposición nunha Galicia que antes tiña 14 conselleiros en dous Gobernos distintos e agora ten 10 cun só referente, nun territorio que antes era coñecido polo luxo e o desbaldimento da súa clase dirixente e agora é recoñecido polo seu rumbo firme cara á modernidade".

O partido que está á fronte da Xunta de Galicia considera que o 2009 foi "un ano máxico" porque supuxo a volta ó Goberno galego da súa formación, nas eleccións celebradas o 1 de marzo, xusto tres anos e medio despois de que Manuel Fraga perdera o poder en San Caetano. Así, destaca que, "pese ás malas noticias como o número de parados e as noticias negativas que chegan desde Madrid, como a subida de impostos ou os agravios comparativos con outras comunidades", merece a pena facer "un balance positivo do ano que termina" no sentido de que lograron sacar do executivo autonómico ó bipartito formado por PSdeG e BNG. Os populares galegos resumen en dúas as boas noticias xeradas pola Xunta aos cidadáns galegos neste ano: a austeridade e a eficiencia no gasto público e a volta á normalidade lingüística coa fin das imposicións. O PPdeG lembra que este ano pecharon consellerías, "repercutindo en destinar o diñeiro que antes incidía no nivel de vida dos políticos agora en gasto social".

"O Goberno galego sacou a Galicia das portadas dos diarios nacionais por temas como o desbaldimento de diñeiro público en mojitos, limusinas e mobles de luxo e colocouna polo seu rumbo decidido cara á modernidade e máis ás portas de iniciar un Ano Santo que pode ser clave para o futuro económico e social de Galicia", aseguran.

Non obstante, o PPdeG quere deixar claro que non caerá na autocompracencia no ano que entra e, por iso, quere lanzar unha mensaxe clara a toda a cidadanía galega: pese aos "moitos avances" adoptados, segundo eles, nos oito meses de Goberno de Alberto Núñez Feijóo e pese ao "lavado de cara que se lle deu ao país", o mellor da Xunta "está por chegar e o mellor de Galicia tamén".

Neste sentido, o PPdeG agarda que 2010 sexa "un verdadeiro ano 10 para Galicia" no que "a batalla que libramos de xeito profundo e inequívoco contra a crise económica se materialice en tramos definitivos que nos permitan saír dunha vez por todas do túnel no que estamos inmersos", conclúen.

A FRASE

"O goberno galego do PPdeG quitou a Galicia das portadas dos diarios nacionais por temas como o desbaldimento de diñeiro público en mojitos, limusinas e mobles de luxo e colocouna polo seu rumbo decidido cara á modernidade"

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS