Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] España  |  RSS - España RSS

o xuízo

Todo o explosivo do 11-M saíu da mina asturiana

14.02.2007 O informe pericial entregado onte á Audiencia Nacional alega que a composición coincide cos restos do cartucho de goma 2 eco

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AXENCIAS. MADRID

A composición dos explosivos utilizados nos atentados do 11-M coincide cos restos do cartucho de goma 2 eco que foi enviado como patrón de referencia para as análises dos peritos e que procedía da asturiana Mina Conchita, de onde saíu a dinamita utilizada nos atentados e que presuntamente foi roubada por Emilio Suárez Trashorras.

Tres dos peritos que interviñeron na práctica ordenada polo tribunal que presidirá a vista oral polos atentados, "sen cuestionar o valor e a calidade dos resultados obtidos ata agora", considera que as mostras analizadas procedentes dos focos de explosión nos trens "son insuficientes para facer as análises completas destas".

O informe pericial foi entregado onte ás 14.00 horas (o prazo dado polo tribunal do 11-M concluía unha hora despois) á Sala do Penal da Audiencia Nacional polo comisario xeral da Policía Científica, Miguel Ángel Santano, aínda que o informe definitivo ten que estar listo mañá.

Tanto as mostras de explosivo intacto recuperadas da mochila atopada na estación de El Pozo, como na Renault Kangoo, na vía do AVE Madrid Sevilla, en Mocejón (Toledo), e na rúa Carmen Martín Gaite de Leganés, están compostas polas substancias nitroglicol, nitrato amónico, nitrocelulosa, dibutilftalato, amidón e dinitrotolueno ("en cantidade minoritaria a falta de que as análises cuantitativas indiquen a súa concentración", sinalan os peritos), e que son as mesmas que se atopan no resto do cartucho de dinamita goma 2 eco que foi enviado como patrón de referencia.

Sobre as mostras recollidas dos focos das explosións, os Tedax informaron os peritos actuantes de que todas as mostras relativas a estes focos foron tratadas nas súas dependencias previamente con auga e acetona, cuestión que para tres peritos que non pertencen ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado "motiva que non se poida descartar a presenza de substancias clave, como a nitroglicerina, o TNT e outros que é moi probábel que, no caso de estar formando parte dos explosivos que explotaron nos focos, serían eliminados sen posibilidade de identificación, quedando na auga e acetona de lavado que non se conservou", o que cualifican como "deplorábel".

O presidente do tribunal que xulgará, a partir de mañá, os acusados polos atentados do 11-M, Javier Gómez Bermúdez, ordenou o pasado 23 de xaneiro unha proba pericial sobre os restos de explosivos achados nos distintos focos das explosións, como solicitou a defensa de Jamal Zougam, así como a Asociación Vítimas do Terrorismo, a Asociación de Axuda ás Vítimas do 11-M, e a acusación de Ángeles Pedraza. O tribunal ordenou esta nova dilixencia "para aclarar definitivamente qué estoupou".

A FOTO

Manjón: "ETA mata igual"

A presidenta da Asociación 11-M, Pilar Manjón, afirmou onte que no sumario dos atentados non hai datos que demostren que ETA perpetrou o masacre, pero dixo que "se fose" daría o mesmo porque "ETA mata igual e é igual de asasina que os que o fixeron". Explicou que na instrución de Juan del Olmo só hai unha "leve referencia" a ETA dunha testemuña protexida, e sinalou que a "nula consistencia" desta fixo que o maxistrado "nin sequera abra unha vía de investigación".

A CERNA

Vaise reforzar a seguridade

Os mecanismos de seguridade contra o terrorismo islamista vanse reforzar con motivo do comezo do xuízo contra os supostos autores do 11-M, dixo onte en París o director xeral da Policía e a Garda Civil españolas, Joan Mesquida. "Existe un nivel de ameaza importante" do terrorismo islamista en España e "vainse reforzar os mecanismos de seguridade, xusto agora que comeza o xuízo do 11-M", indicou Mesquida. O dirixente policial trasladouse onte á capital francesa para condecorar 23 membros da policía e da xudicatura francesa, "co que se pon de manifesto o excelente estado da colaboración e da cooperación actual antiterrorista coas autoridades francesas". O director policial dixo que hai "unha preocupación importante" fronte ao terrorismo islamista, que "ten capacidade para golpear e golpear forte, como demostrou".

"Permitirá saber parte da verdade"

O responsábel xurídico da Asociación 11-M Afectados por Terrorismo, José María Fuster-Fabra, dixo onte que no próximo xuízo polo 11-M "non se poderá saber toda a verdade porque unha parte levarona consigo os suicidas de Leganés, pero si se saberá a parte esencial da verdade". En conferencia de prensa en Barcelona, o avogado catalán recordou que a asociación redactou o escrito de cualificación para 83 dos falecidos no 11-M, así como para 384 dos feridos, dos que 304 foron xa recoñecidos como tales e o resto está pendente dalgún trámite médico.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS