Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Mundo  |  RSS - Mundo RSS

HORROR NA FRANXA PALESTINA

Miles de galegos esixen a fin do masacre en Gaza

19.01.2009 Milleiros de persoas percorren Santiago para condenar a violencia israelí en Gaza ·· Quintana xustifica a súa presenza aludindo ó "código xenético do nacionalismo"

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E. P./REDACCIÓN . SANTIAGO

A praza compostelá da Quintana acolleu a lectura do manifesto ó remate da mobilización a cargo da actriz María Bouzas FOTO: Fernando Blanco
A praza compostelá da Quintana acolleu a lectura do manifesto ó remate da mobilización a cargo da actriz María Bouzas
FOTO: Fernando Blanco

Milleiros de persoas manifestáronse onte en Santiago de Compostela en contra da ofensiva do Estado israelí na franxa de Gaza, convocados por unhas cincuenta organizacións, formacións políticas, sindicatos, fundacións, observatorios e asociacións culturais.

Baixo distintos lemas como "Galicia con Palestina, "Todos somos Palestina", "Non ao masacre", "Paremos a matanza" ou "Palestina resiste, Palestina existe", a manifestación arrancou ás 12.25 horas da Alameda compostelá para rematar sobre as 14.00 horas na Praza da Quintana. Tras un percorrido sen incidentes que levou os manifestantes polas rúas da Senra, Praza de Galicia, Preguntoiro, Toural, Rúa do Vilar e Praterías, os manifestantes concentráronse na Praza da Quintana, sobre as 13.15 horas, onde continuaron as consignas e cánticos a favor do pobo palestino.

"Palestina vencerá", "Nunca máis bombardeos" ou "Viva a loita do pobo palestino" foron as consignas máis escoitadas. Ademais, na concentración puidéronse contemplar numerosas pancartas, carteis e palestinas nos colos de multitude de manifestantes.

Por outra banda, á entrada da praza realizouse unha colleita de axudas para o pobo palestino, donativos que se destinarán ao envío de medicamentos e alimentos "para a poboación que sofre na Franxa de Gaza", segundo explicou un dos organizadores. Para finalizar, pasadas as 14.00 horas, a actriz e presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas e a cooperante de Galiza por Palestina Laila Tillawi leron o manifesto asinado por todos os colectivos convocantes no que lles reclamaron á comunidade internacional que impoña a Israel ou "respecto polas resolucións das Nacións Unidas".

Entre os manifestantes atopábase, entre outros, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, quen xustificou, en declaracións aos medios, a súa presenza, xa que "o nacionalismo histórico ten no seu código xenético o internacionalismo solidario". O tamén voceiro nacional do BNG referiuse ao alto ao lume unilateral decretado onte polo Estado de Israel, que dixo "celebrar", pero considerou "insuficiente", "pois o que fai falta é unha verdadeira solución pactada por ambas as dúas partes".

Manuel Beiras critica os negocios que España mantén con Israel

Quintana dixo, en referencia á presenza, onte, do presidente Rodríguez Zapatero no cumio de Exipto, que "a comunidade internacional debe deixar a un lado o cinismo" e "dar un paso á fronte", porque "a prioridade está en protexer o máis débil, que neste caso é Palestina". Nesta mesma dirección se expresou o presidente da Fundación Galiza Sempre, Xosé Manuel Beiras, que criticou "os negocios que o Estado español mantén con Israel" e fixo un chamamento ao "boicot" dos produtos israelís, como propugnan escritoras como Naomi Klein.

O deputado nacionalista Bieito Lobeira tamén fixo alusión a esta relación comercial entre España e Israel e asegurou que "o intercambio armamentístico" forma parte destas relacións.

O PsdeG non se adheriu ó manifesto por non compartir algún postulado

A secretaria de Dereitos e Liberdades do PsdeG, Beatriz Sestayo, condenou onte o uso da violencia por Israel en territorios palestinos e explicou que o seu partido non se adheriu ó manifesto en defensa deste pobo onte en Santiago porque non comparte algúns dos seus postulados.

Segundo Sestayo, a esta convocatoria acudiron militantes socialistas pero o partido "non se adheriu ó manifesto porque, aínda que comparte moitos dos seus postulados, e de feito responsables socialistas acudiron á reunión para facer achegas ó manifesto, outros non os comparten". "A violencia nunca pode xustificarse", destacou, engadindo que o seu partido mantén unha condena "enérxica" ó uso da violencia por Israel.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS