Xoves 29.07.2010  | Actualizado 18.52      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Economía  |  RSS - Economía RSS

desfeita urbanística

Baleiras o trinta e catro por cento das casas de Sanxenxo

30.01.2007 Nunha parroquia do concello de veraneo hai case o 80% das vivendas sen habitar ·· Máis dun 10% de inmobles de Vigo sen ocupar ·· A viñeta do día. Por H.M.

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

P. POUSADA . SANTIAGO

Anuncios de aluguer de pisos durante o verán nunha grande urbanización FOTO: Mon
Anuncios de aluguer de pisos durante o verán nunha grande urbanización
FOTO: Mon

Non pasa un día sen que coñezamos unha nova cifra de vivendas desocupadas en España e na comunidade galega. Agora tócalle a vez ó concello de Sanxenxo, a vila turística por excelencia, e as cifras son de escándalo. Examinar as parroquias do concello pontevedrés deixa un panorama desolador: un 33,9 de vivendas baleiras, segundo o último censo na materia realizado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) no ano 2001.

De escándalo é a cifra que se rexistra na parroquia de Padriñán, neste concello "de verán", na que se contabilizaron ata o 78,2 por cento das vivendas baleiras.

Números como estes son os que fixeron reaccionar o colectivo cidadán Salvemos Sanxenxo, que critica a construción de novos inmobles na localidade. Tal e como sinalan na súa páxina web, o PXOM de Sanxenxo ten previstas 2.722 novas vivendas. As denuncias concéntranse, sobre todo, en 2.143 previstas que están programadas para nunha franxa entre 150 e 500 metros da costa.

A abundancia de pisos sen ocupantes non inciden, non obstante, nos prezos dos inmobles. O metro cadrado, en terreo, alcanza os 120 euros de media, que logo, xa construído e en venda alcanza os 2.345 euros o metro cadrado segundo datos do Foro de Consultores de 2003 que recorda a asociación Salvemos Sanxenxo. Ademais, segundo este colectivo, as vivendas existentes son máis que suficientes para a poboación estable do municipio, duns 16.000 habitantes, tamén segundo estatísticas do INE.

Duplica case á porcentaxe de toda a comunidade

Ese case 34 por cento de vivendas baleiras que tiña no 2001 o concello turístico da ría pontevedresa case duplica a porcentaxe de pisos sen moradores de toda a comunidade, que se sitúa no 17,5 por cento tamén segundo o censo do INE. De feito, Galicia é a segunda comunidade, só por dettás de Estremadura, que ten maior porcentaxe de vivendas baleiras.

A CERNA

Ourense, capital máis desocupada

As capitais de provincia galegas non escapan á estatística de pisos baleiros. Sempre segundo os datos do Instituto Nacional de Estística do 2001, Ourense é a capital con máis inmobles sen ocupar, cun 15,7 por cento, seguido pola Coruña, que contabiliza o 13,6 por cento de pisos sen inquilinos.

A capital de provincia con menos pisos baleiros é Lugo, un 9,01 por cento dos seus inmobles e moi preto sitúase Pontevedra, co 9,8.

Unha das cidades máis fortes da comunidade, Vigo, mantén unha taxa do 10,5 por cento de casas sen moradores, por enriba incluso da capital de Provincia.

EN BREVE

Trujillo confía na futura Lei

A ministra de Vivenda, María Antonia Trujillo, asegurou onte que a Lei do solo "será unha peza fundamental para acabar coa opacidade e a especulación" inmobiliaria.

A titular de Vivenda, que participou no programa Protagonistas de Punto Radio, indicou que a Lei do solo xogará un "importante papel" porque "dará un xiro de 180 graos na ordenación do territorio no noso país". A nova Lei, que aínda está en trámite parlamentario e previsiblemente entrará en vigor a próxima primavera, buscará combater a corrupción e a especulación urbanística, aumentar a transparencia, e garantir máis solo para a vivenda de protección oficial (VPO), explicou.

Por outra banda, a ministra destacou que "por primeira vez este Goberno disolveu na historia da democracia española un concello", nunha "acción transversal e coordinada contra a especulación e a corrupción".

As trinta principais promotoras inmobiliarias españolas alcanzaron o pasado ano unha facturación de 15.500 millóns de euros, o que supón un crecemento do 23,6 por cento respecto de 2005, segundo a consultora DBK.

O negocio das promotoras creceu a taxas próximas ó 25 por cento durante dous exercicios consecutivos.

A consultora prevé que a "gradual moderación da demanda residencial" derive nun "alto grao de intensidade competitiva" entre as promotoras inmobiliarias.

Os autores do estudo advirten de que a escaseza e alto prezo do solo, a entrada en vigor do Código Técnico da Edificación, e o encarecemento do financiamento pola suba dos tipos de xuro provocarán unha "deterioración da rendibilidade da actividade de promoción residencial".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS