Xoves 02.09.2010  | Actualizado 18.54      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Deportes  |  RSS - Deportes RSS

FÚTBOL SALA

Nova selección galega

08.02.2008 O combinado autonómico masculino fará a súa estrea o vindeiro día 29 fronte a Uruguai no pavillón ferrolá da Malata

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Marta Souto, co cartel anunciador do partido diante dos seleccionadores, segundo e terceiro pola esquerda FOTO: RAMÓN ESCUREDO
Marta Souto, co cartel anunciador do partido diante dos seleccionadores, segundo e terceiro pola esquerda
FOTO: RAMÓN ESCUREDO

A selección galega de fútbol sala debutará o próximo día 29 de febreiro, a partir das nove da noite no polideportivo da Malata, en Ferrol. Os galegos estrearanse fronte á selección de Uruguai, segundo anunciaron onte durante a presentación do combinado autonómico, Marta Souto, directora xeral para o Deporte, o presidente da Federación Galega de Fútbol, Carlos Meana; así como o da de fútbol sala, Luís Pena, e o concelleiro de Deportes de Ferrol Manuel Santiago.

Tamén se deron a coñecer os nomes dos dous seleccionadores que serán, nesta ocasión Bruno García -preparador do Azkar Lugo- e Javier Pardeiro -técnico do CD Burela FS-, ambos cunha ampla traxectoria no fútbol sala.

Os seleccionadores anunciaron durante o acto que en pouco tempo se coñecerán os nomes dos convocados para o partido, pero "aínda estamos realizando a preselección", asegurou Bruno García. No respectivo á elección da cidade departamental para a organización do partido, tanto Marta Souto como o concelleiro ferrolán, e os presidentes de ambas as dúas federacións, coincidiron en sinalar a importancia histórica e da tradición do fútbol sala na localidade coruñesa para que fose designada sede para o debut da selección.

Souto destacou tamén que era de xustiza a creación desta selección, xa que o fútbol sala galego ten unha grande afección detrás, grandes equipos que traballan moi ben a base, e que tamén gozan dun posto privilexiado na elite, contando con xogadores de grandísimo nivel", asegurou a directora xeral, á vez que invitou a todos os ferroláns e galegos a asistir ó encontro a finais de mes.

Tanto Javier Pardeiro coma Bruno destacaron que lles facía moita ilusión que "fosen os propios clubs galegos os que apostasen por eles como seleccionadores".

O DATO

As mulleres xogarán en breve

Carlos Meana, asegurou que "nos últimos meses estamos tendo momentos moi destacados coas diferentes seleccións. Agora, é a quenda do fútbol sala masculino, e en breve, será a da selección feminina".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS