Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 18.05.2013  | Actualizado 11.27

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1

Llaneras di un adeus ó grande como abandeirado na cerimonia de clausura

EFE   | 24.08.2008 
A- A+

O ciclista mallorquino Joan Llaneras, campión olímpico por puntos en Pequín e subcampión en madison xunto a Toni Tauler, será o abandeirado español mañá na cerimonia de clausura dos Xogos, segundo o Comité Olímpico Español. Será unha despedida de honra para Llaneras, que anunciou a súa retirada logo deconverterse no deportista español máis laureado nuns Xogos Olímpicos, xa que tamén conseguiu a medalla de ouro na carreira por puntos en Sydney 2000 e a de prata en Atenas 2004, na mesma especialidade.

Na cerimonia de inauguración, o pasado día 8, o abandeirado español foi o piragüista David Cal, que obtivo unha medalla de ouro e outra de prata en Atenas 2004 e aquí conseguiu a de prata en C-1 1000 metros e tamén disputará a final de 500. "É tradicional que cambie na cerimonia de clausura o abandeirado e xa é oficial que será Llaneras", informou o portavoz do COE, José María Bellón.

Llaneras foi catro veces campión mundial na carreira por puntos (1996, 1998, 2000 e 2007) e tres en madison (1997, 1999 e 2006). "Non hai volta atrás na miña despedida, é unha decisión pensada, acordada coa familia. É duro retirarse así pero xa está tomada a decisión. Sei que ao principio a miña cabeza vai sufrir, pero hai que facelo", asegurou Llaneras.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS