Mércores 08.09.2010  | Actualizado 04.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

idioma

"Desmantélase a lingua"

28.11.2009 O Eblul, un órgano consultivo da UE para as linguas minorizadas, insta o Goberno de Feijóo para que poña fin "ás súas iniciativas en contra do galego"

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Novo capítulo no conflito lingüístico que está a vivir Galicia nos últimos meses. O Comité do Estado español da Axencia Europea para as Linguas Minorizadas -European Bureau for Lesser-Ussed Lenguages (Eblul)- anunciou que se dirixirá á Xunta de Galicia para pedirlle "que poña fin ás iniciativas que tomou en contra do idioma galego". No Eblul, órgano consultivo do Parlamento europeo, do Consello de Europa e de Nacións Unidas, consideran "de especial gravidade" que o Goberno galego non estea a ter en conta o último ditame do Comité de Expertos do Consello, emitido a finais do 2008 e no que se dá conta da situación da lingua galega, segundo subliñou onte nun comunicado Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística de Galicia e do propio Eblul até o 2011.

A Xunta, a través da Secretaría xeral de Política Lingüística, saíu ao paso da información e lembra que, precisamente, o máximo responsable de dito comité é Callón, unhas das voces máis críticas coa estratexia seguida polo goberno que preside Alberto Núñez Feijóo. Neste sentido, Callón puntualizaba onte que a resolución se aprobou por unanimidade "a instancias da plataforma galega". Na resolución "anímase" ao Goberno galego a desenvolver unha política lingüística de promoción e extensión social da lingua propia, ao tempo que informan á Xunta de que "as medidas adoptadas desde abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español", como o Pacto internacional de dereitos civís e políticos ou a Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias. De non poñer freo a esta estratexia, advirte o Eblul, "poñerá a situación en coñecemento dos foros internacionais nos que a Axencia para as linguas minorizadas ten presenza".

Desde o órgano consultivo, critícase que a Xunta non puxese en marcha "as medidas recomendadas para mellorar a protección dos dereitos da comunidade lingüística galega, e a desmantelación de proxectos que foran eloxiados polo Consello de Europa", en referencia ás Galescolas.

Desde Política Lingüística, indícase que aínda non coñecen o informe porque non se lles remitiu, pero realizan diferentes puntualizacións ás informacións difundidas onte. Deste xeito, sublíñase que se ben "respecta de antemán calquera valoración doutros organismos, vese na obriga de desmentir o presunto desmantelamento das Escolas Infantís e de clarexar que a resolución de referencia descoñece a realidade lingüística do noso país".

Engádese, ademais, que a Xunta "non tomou na presente lexislatura ningunha medida que supoña a desprotección da lingua galega ou que vulnere os tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos ratificados por España".

Por último, puntualízase no comunicado de Política Lingüística que "o Goberno galego está a impulsar unha política activa e transversal de promoción da lingua galega, por tratarse dunha parte clave do patrimonio cultural galego, de acordo co vixente marco legal en Galicia e nunha estratexia de convivencia e cordialidade lingüística".

PERSPECTIVAS

Continuos sensabores

As estratexias de Política Lingüística desenvolvida polo goberno do Partido Popular (PP) desde a Xunta non está máis que a darlle continuos sobresaltos ao seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, disposto custe o que custe a cumprir a promesa electoral de que derrogaría o Decreto do galego no ensino, tal como tamén lle lembra Galicia Bilingüe. Se a semana pasada era o Tribunal Supremo o que negaba o dereito dos pais a elixir a lingua na que debían ser educados os seus fillos na escola -sentenza sobre a que o PP pasou no bico dos pés polas súas implicacións na Consulta Vázquez- agora é o órgano consultivo da UE. De pouco vale criticar que o presida Callón: sería como poñer en dúbida unha resolución do Parlamento Europeo porque o preside Jerzy Buzek, do PP(E).

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS