Venres 10.09.2010  | Actualizado 21.55      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

percepción

A ciencia é máis beneficiosa que prexudicial, cre o 60% dos galegos

28.11.2009 Segundo unha enquisa estatal

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

O Observatorio da Cultura Galega, que depende do Consello da Cultura Galega, destacou onte que o 60 por cento dos cidadáns galegos cre que a ciencia e a tecnoloxía reportan beneficios superiores ós seus prexuízos, mentres que o 9,4 por cento perciben que os seus males son maiores.

Así o extrae da enquisa Percepción social da ciencia, investigación de carácter bianual a cargo da Fundación Española da Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) que ofrece unha "panorámica comparativa" sobre o estado da cultura científica.

No que se refire a Galicia, o observatorio resalta a existencia de "unha maior proporción de procientíficos" respecto ó 53 por cento de persoas que no conxunto do Estado valoran os beneficios da ciencia.

No entanto, nesta comparación, tamén son menos os galegos que cren que beneficios e prexuízos están equilibrados -un 20,81 por cento, fronte ó 26,86 por cento estatal-, polo que o observatorio interpreta que a taxa de escépticos é maior. En investigación científica, un 61,5 por cento pensa que Galicia está "máis atrasada que o resto".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS