Venres 10.09.2010  | Actualizado 21.55      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

audiovisual

J. A. Durán achega novas perspectivas sobre Rosalía

28.11.2009 Nun documental que presenta o luns

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

O xornalista e escritor José Antonio Durán presentará o vindeiro luns no Museo de Pontevedra o documental Sombras sen sombra: O caso Rosalía de Castro, producido polo seu Taller de Edicións. A estrea deste filme pechará a primeira xornada de portas abertas coa que a editora J.A. Durán inaugura a súa sede galega, na rúa dos Ferreiros, 3, de Pontevedra.

O documental, cuxos dereitos exclusivos de emisión en lingua galega foron adquiridos pola Televisión de Galicia, baséase no argumento de que a historia de Rosalía foi mal contada. Cuestiona, entre outros aspectos, que a escritora sexa filla dun sacerdote, tal como se adoita crer.

"O apoio a ese cuestionamento por parte doutros escritores e investigadores de primeiro nivel, caso de Xosé Luís Méndez Ferrín, creou a lóxica expectación", salienta Durán nunha nota de prensa. O luns, durante todo o día, os integrantes do Taller de Edicións atenderán todos os visitantes que queiran achegarse a ver como traballan. Un obradoiro de "vangarda", segundo o seu dono.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS