Venres 10.09.2010
| Actualizado 21.55
Hemeroteca web
|
RSS
Máis de cen icebergs aproxímanse ás costas do sur de Nova Zelandia e puxeron en alerta a todos os barcos que navegan nesas xélidas augas para evitar que se repita a traxedia do "Titanic". As grandes masas de xeos desprendidas da Antártida abarcan unha área de extensión de case mil quilómetros cadrados e os máis próximos ó litoral áchanse a menos de 200 quilómetros de distancia, e avanzan a unha velocidade media de 1,5 quilómetros por hora ou 25 quilómetros ó día. De acordo ás imaxes de satélite, a traxectoria que seguen avanza paralela á costa noroccidental da Illa Sur, á que presumiblemente arribarán a mediados da semana entrante. Os especialistas sospeitan que os icebergs se desprenderon entre 2000 e 2002 da meseta xeada do Mar de Ross. Algúns especialistas atribúen este fenómeno ó quecemento global.