Mércores 08.09.2010  | Actualizado 04.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

estrelas do cine

A actriz fetiche

28.11.2009 Jeanne Moureau recibe o Premio do Festival de Bilbao fascinada polos cambios rápidos do mundo nesta última década

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE . BILBAO

A actriz francesa Jeanne Moreau manifestou onte en Bilbao que, para ela, o cine "é como un reflexo do mundo" que proxecta "a natureza humana ou a natureza do director que fai a película, ou da cultura á que pertence" o realizador. Moreau foi invitada o Festival de Cine Documental e Curtametraxe de Bilbao-Zinebi, que lle entregará hoxe o Mikeldi de Honra desta edición, o número 51 do certame, en recoñecemento á súa carreira profesional.

A actriz, que protagonizou películas de directores como Buñuel, Antonioni, Truffaut e Fassbinder, indicou, nunha conferencia de prensa previa á súa participación no certame cinematográfico, que, para ela, "foi un descubrimento" porque "descoñecía a súa existencia".

"Cando me presentaron o catálogo deste certame", engadiu, "sorprendeume ver o importante e o rica e variada que é a selección de películas que nel se proxectaron nos seus 51 anos de existencia; é dicir, cando aínda Franco estaba vivo".

A actriz francesa declarouse "unha persoa namorada e realmente apaixonada do cine" e definiuse como "unha muller independente, autónoma e un pouco impertinente", aínda que recoñeceu que se deixa influír bastante, porque é unha persoa moi curiosa.

Moreau comentou que cada vez se están producindo cambios máis rápidos no mundo, sobre todo desde principios desta década" e dixo que a satisfai moito tamén "ver que cada vez hai maior número de documentais e de curtametraxes, que xa case igualan ás longametraxes".

"Quizais, con todo isto", aventurou, "o que esteamos buscando sexa intentar interpretar os sorprendentes eventos que están ocorrendo en todo o mundo e que se están dando en todas as clases sociais, sobre todo nas máis fráxiles e non tanto nas máis dominantes".

Cuestionada sobre a súa carreira como directora de películas -dirixiu Lumière (1976), un filme que tamén interpretou, e L"adolescente (1979)-, sinalou que "foi unha experiencia moi agradable".

"A primeira, Lumière, estreouse ata en Estados Unidos e tivo moi boa acollida e moi boas críticas. Na segunda deime de conta de que, quizais, non tiña un gran talento como directora, e entón decidín seguir ó servizo dos grandes directores, como actriz", sinalou. Con todo, precisou, "si vou seguir facendo dirección de teatro".

A CERNA

"A forma de interpretar, cre Moureau, "é algo que non se pode definir; depende dos directores cos que traballes, dos temas que toques, e, logo, co paso dos anos, o enfoque vai cambiando e vaste facendo cada vez máis esixente contigo mesma". Ao final, "o que acabas facendo é buscar unha expresión vogal que termina sendo algo fisiolóxico, porque ata os teus trazos cambian e todo acaba evolucionando", concluíu.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS