Mércores 08.09.2010  | Actualizado 04.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

LIBRO

As facetas de Quim Monzó

28.11.2009

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE

Monzó. Com triomfar a la vida, concibido como un experimento de crítica literaria, é un novo libro que se presentou onte en Barcelona no que se captan e se radiografan todas as facetas do escritor Quim Monzó, con fotografías inéditas, cartas persoais e artigos de amigos seus.

Trátase dunha ilustrada edición (Galaxia Gutenberg/Círculo de Lectores) a cargo do crítico Julià Guillamon concibida para completar a exposición que sobre o autor barcelonés inaugurarase no Arts Santa Mònica o próximo día 18 de decembro e que permanecerá alí ata abril de 2010.

Guillamon explicou que empezou con este proxecto despois de reler toda a obra de Monzó, a quen considera un autor cunha gran repercusión sobre varias xeracións "que beberon del".

O comisario da exposición entrou ata o máis íntimo da vida do contista para ofrecer un libro do que cre que "sae unha imaxe nova a través dos exercicios visuais desenvolvidos".

Ó xogo que supuxo a redacción do libro prestáronse desde amigos escritores ou editores como Jaume Vallcorba, Ferran Torrent, Sergi Pàmies, Àngel Casas ou Empar Moliner.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS