Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Mércores 24.06.2009

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
[Noticia 1 de 20] noticia anterior de Maré Maré

maré hoxe

¿O día de Novoneyra?

A Academia Galega enfróntase este sábado a unha delicada misión: elixir o próximo escritor do Día das Letras. Teñen entre mans dúas apostas fortes: Carvalho Calero e Uxío Novoneyra, este último favorito grazas a unha campaña desenvolvida por varias asociacións de base. Na reunión, outro asunto candente: a situación crítica do idioma galego.

2.5/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ

Novoneyra na horta da súa casa do Courel, terra que el recreou cunha das linguaxes poéticas máis intensas que se usaron en Galicia no século pasado FOTO: Axencias
Novoneyra na horta da súa casa do Courel, terra que el recreou cunha das linguaxes poéticas máis intensas que se usaron en Galicia no século pasado
FOTO: Axencias

O próximo sábado, día 27, os membros da Real Academia Galega (RAG) terán por diante unha dura mañá, cunha orde do día callada de temas espiñentos. Por un lado, os cadadémicos deberán decidir a quen lle dedican o Día das Letras do 2010, unha selección que, en principio, non se presenta fácil xa que chegan á final dous autores de obra intensa, Uxío Novoneyra e Ricardo Carvalho Calero.

Nos últimos meses, sucedéronse os apoios a un e outro autor, o máis recente cun manifesto asinado polos concelleiros de Cultura das principais cidades do país -agás Lugo- en defensa da candidatura de Carvalho.

Máis madrugadores, porén, foron os defensores de Novoneyra, que levan varios anos preparando o terreo para a elección do escritor courelán. Neste 2009, precisamente, cúmprese o décimo aniversario da súa morte, marxe de tempo mínimo que establecen as regras da academia para dedicarlle o 17 de maio. Miles de sinaturas e chamamentos de numerosas asociacións de base apontoaron esta candidatura. Carvalho conta, ademais, cunha deavantaxe: foi o pai do reintegracionismo ortográfico e nun momento no que o novo goberno da Xunta impulsa o proceso para desregular a protección da lingua galega, a súa elección podería crear físgoas no cerrado rexeitamento que provocou esa estratexia.

Precisamente, os académicos terán sobre a mesa a análise da situación actual do idioma e, en certo modo, espérase que da reunión do 27 saia algún tipo de comunicado. Iso a pesar de que, non hai moitas semanas, presentaron un manifesto insolitamente crítico coa política da Xunta.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS